Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 28 de agosto de 2019 Páx. 37769

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2019 do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios.

En sesión do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 20 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Mobilidade (Diario Oficial de Galicia núm. 66, do 4 de abril), acordouse, de conformidade co disposto na base oitava da mencionada resolución:

Primeiro. As correspondentes probas terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Os ditos exercicios realizaranse nas datas e nos horarios que a seguir se indican:

– Martes 1 de outubro de 2019.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención de todas as clases: 15.00 horas.

Renovación de todas as clases: 15.00 horas.

Obtención clase 7: 15.00 horas.

Modalidade por ferrocarril: certificado de conselleiro de seguridade RID.

Obtención de todas as clases: 17.30 horas.

Renovación de todas as clases: 17.30 horas.

– Mércores 2 de outubro de 2019.

Modalidade por estrada: certificado de conselleiro de seguridade ADR.

Obtención clase 2: 16.00 horas.

Renovación clase 2: 16.00 horas.

Obtención clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18.30 horas.

Renovación clase 3, 4.1, 4.2, 4.3, 5.1, 5.2, 6.1, 6.2, 8 e 9: 18:30 horas.

Obtención materias líquidas: 13.30 horas.

Renovación materias líquidas: 13.30 horas.

Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os/as aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.

Terceiro. As persoas interesadas serán convocadas para cada exercicio en chamamento único, resultando excluído da súa realización quen non compareza.

Cuarto. Os/as aspirantes excluídos/as por non comparecer no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Quinto. Os/as aspirantes terán que se presentar ás probas provistos/as do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.

Sexto. As persoas interesadas deberán levar bolígrafo e, para a realización do suposto práctico, poderán ir provistas do ADR ou RID e de máquina calculadora sen memoria RAM.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2019

Marta Vázquez Sanjurjo
Presidenta do tribunal