Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 27 de agosto de 2019 Páx. 37723

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (3/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 3/2019, por instancia de Andrés José Condide Viaño contra a executada, Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostela, sobre despedimento, se ditou o día 29 de xullo de 2019 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia total por importe de 15.909,80 euros en concepto de principal e de 1.590,98 euros en concepto prosional de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza