Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 26 de agosto de 2019 Páx. 37592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 294/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 294/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Vázquez López contra a empresa Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., Global Sales Solutions Line, S.L., Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que, desestimando integramente a demanda interposta por Antonio Vázquez López contra Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servicios, S.L., Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., Global Sales Solutions Line, S.L. e Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gestión Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza