Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial e exposición pública.

O Concello Pleno, en sesión do 24 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM nº 10 na zona da rúa do Traballo e rúa Batán en relación coas alineación do PXOM e a obra executada na N-VI (documento nº 09987 do 17.6.2019).

O acordo determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición nos ámbitos obxecto de modificación. Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contado desde a dita aprobación inicial, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento (artigo 47.2 da LSG).

A suspensión non afectará:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) As licenzas de primeira ocupación.

c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e a súa modificación, sempre que esta fose aprobada inicialmente.

d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

De conformidade cos artigos 60.6, 7 e 8 da Lei 2/2016, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 2 de agosto de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente