Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Xoves, 22 de agosto de 2019 Páx. 37359

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/002369).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 15 de xullo de 2019, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle promovido pola entidade mercantil Plásticos de Carballo, S.A. (Placasa), que ten como obxectivos a ordenación de volumes, o axuste das rasantes e a ordenación do solo non edificado no interior da parcela J12 do ámbito desenvolvido mediante o proxecto sectorial do parque empresarial de Carballo, e das parcelas C2, C3, C4, C7A e C7B do polígono industrial, desenvolvido mediante o Plan parcial aprobado pola Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña o 3 de maio de 1983, segundo a documentación técnica presentada con data do 20 de novembro de 2018, rexistro de entrada 201899900001269, modificada o 29 de maio de 2019, rexistro de entrada 201999900000812, redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG), e polo enxeñeiro industrial Manuel Breijo Cotelo (colexiado 5040 ICOIIG).

O que se somete a información pública polo prazo dun mes en cumprimento dos artigos 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 194 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Así mesmo, este anuncio serve de notificación para as parcelas con titulares catastrais descoñecidos ou para aqueles titulares dos cales se descoñece o seu enderezo.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na oficina técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do concello no seguinte enlace:

http://www.carballo.org/media/documentos/documento_estudo_detalle_placasa_completo.pdf

Carballo, 23 de xullo de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde