Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 21 de agosto de 2019 Páx. 37185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de agosto de 2019, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, polo que se notifica o aprazamento da citación para a vista oral do expediente XA 573-18.

No Diario Oficial de Galicia nº 137, do 19 de xullo de 2019, publicouse o Anuncio do 3 de xullo de 2019, da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, pola que se notificaba a citación para a vista oral do día 1 de outubro de 2019, ás 17.30 horas, de Delina Soto Valeriano (Palets Soto), como parte da tramitación do expediente XA 573-18.

Porén, a dita convocatoria queda aprazada ata unha nova data, que será fixada proximamente.

Esta publicación faise ao abeiro do artigo 9.6 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de ordenación de transportes terrestres, a cuxo teor «en relación coas notificacións ás partes, que realizará a Secretaría das xuntas, será de aplicación a lexislación de procedemento administrativo», e do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De acordo co mesmo artigo, e sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2019

David Conde Varela
Secretario da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia