Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles ás persoas interesadas o traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación da liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro, segundo se sinala no cadro anexo.
Lugo, 5 de agosto de 2019
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: IN407A 2017/3-0.
Denominación: liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 2, 132 kV, parque eólico Serra do Punago-A Vacariza-parque eólico Monciro.
Traslado das follas de valoración da empresa dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación.
Predio |
Polígono |
Parcela |
Propietario |
41 |
7 |
10.441 |
Hrdos. de María Antonia Gefundez Cedrón/repr.: Manuel Antonio Mirón Ferreiro |
80 |
29 |
232 |
Comunidade de Montes Atrevida |
84 |
29 |
237 |
Pedro Trashorras Valiño |
88 |
21 |
70 |
María Inés González Madarro |
128 |
32 |
175 |
José López Veiga |