Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 20 de agosto de 2019 Páx. 37071

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 1193/2019).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Por non poderse efectuar a notificación por seren insuficientes os datos de domicilio, faise pública a resolución de orde de execución para xestión da biomasa vexetal, que esta alcaldía acordou no exercicio das súas atribucións. O interesado dispón dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, para executar a orde de xestión da biomasa vexetal.

Nº de expte.

Asunto

Propietario

Ref. catastral-Localización da parcela

1193/2019

Orde de execución

Andrés Fernández Barros

36005A045004190000TA sita en Aboi, Santo André de César

Recursos. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñer alternativamente o recurso de reposición potestativo, ante o alcalde deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de octubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso de reposición potestativo, non poderá interponer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015, entendéndose desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal, podendo daquela o interesado interpoñer o recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Caldas de Reis, 24 de xullo de 2019

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde presidente