Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (98/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 98/2017 por instancia de Johanny Daniel Torres Torres contra a empresa Álex, Lito y Toli, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou a Sentenza do 9 de xullo de 2017 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Johanny Daniel Torres Torres contra a empresa Álex, Lito y Toli, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Álex, Lito y Toli, S.L. a aboarlle a Johanny Daniel Torres Torres a cantidade de novecentos trinta e catro euros con oitenta e tres céntimos de euro (934,83 euros); os conceptos salariais devindican o xuro moratorio do 10 %.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, de ser o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e deberase anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se a recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Álex, Lito y Toli, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza