Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36779

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 5 de agosto de 2019 pola que se autoriza a implantación do máster universitario erasmus mundus en Encrucilladas en Narrativas Culturais (Crossways in Cultural Narratives) pola Universidade de Santiago de Compostela; Universidade de Eberhard Karls Universität Tübingen (Alemaña); Universidade Nacional de Tres de Febrero (Arxentina); Universidade Nova de Lisboa (Portugal); Università degli Studi di Bérgamo (Italia); Université de Perpignan Via Domitia (Francia); University of Guelph (Canadá); University of Sheffield (Reino Unido); University of St Andrews (Reino Unido); Uniwersytet im. Adama Mickiewicza w Poznaniu (Polonia).

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, serán acordadas pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, regula a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e dispón, no seu capítulo VI, o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola comunidade autónoma. Mediante acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT).

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia; a Orde do 20 de marzo de 2012, que desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 161/2015, do 5 de novembro, que modifica o Decreto 222/2011.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da comunidade autónoma se fará por orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente terá que recibir o informe do Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia.

O Pleno do Consello Galego de Universidades, na sesión do 10 de xuño de 2019, no exercicio das súas competencias, acordou emitir informe favorable sobre a solicitude de implantación do máster universitario erasmus mundus en Encrucilladas en Narrativas Culturais (Crossways in Cultural Narratives), máster conxunto da Universidade de Santiago de Compostela; da Universidade de Eberhard Karls Universität Tübingen (Alemaña); da Universidade Nacional de Tres de Febrero (Arxentina); da Universidade Nova de Lisboa (Portugal); da Università degli Studi di Bérgamo (Italia); da Université de Perpignan Via Domitia (Francia); da University of Guelph (Canadá); da University of Sheffield (Reino Unido); da University of St Andrews (Reino Unido), e da Uniwersytet im. Adama Mickiewicza w Poznaniu (Polonia).

A incorporación de novas universidades na impartición deste erasmus mundus supón o inicio dun novo proceso de verificación da titulación ao tempo da extinción do título existente.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Autorízase a Universidade de Santiago de Compostela para implantar no curso 2018/19 o máster universitario erasmus mundus en Encrucilladas en Narrativas Culturais (Crossways in Cultural Narratives) conxunto coa Universidade de Eberhard Karls Universität Tübingen (Alemaña); a Universidade Nacional de Tres de Febrero (Arxentina); a Universidade Nova de Lisboa (Portugal); a Università degli Studi di Bérgamo (Italia); a Université de Perpignan Via Domitia (Francia); a University of Guelph (Canadá); a University of Sheffield (Reino Unido); a University of St Andrews (Reino Unido), e a Uniwersytet im. Adama Mickiewicza w Poznaniu (Polonia).

A autorización de implantación deste título inicia o proceso de extinción do máster universitario erasmus mundus Encrucilladas en Narrativas Culturais (Crossways in Cultural Narratives), máster conxunto da Universidade de Santiago de Compostela; da Universidade Nova de Lisboa (Portugal); da Università degli Studi di Bérgamo (Italia); da Université de Perpignan Via Domitia (Francia); da University of Guelph (Canadá); da University of Sheffield (Reino Unido), da University of St Andrews (Reino Unido); e da Uniwersytet im. Adama Mickiewicza w Poznaniu (Polonia), autorizado pola Orde do 4 de xuño de 2015 (DOG do 17 de xuño), con número de RUCT4314661.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional