Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se somete a información pública o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do monte Aloia.

De conformidade co artigo 16.1.a) da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, e para promover unha participación real e efectiva do público na elaboración, modificación e revisión dos plans, programas e disposicións de carácter xeral relacionados co ambiente a que se refiren os artigos 17 e 18 desta lei, as administracións públicas, ao establecer ou tramitar os procedementos que resulten de aplicación, velarán para que se informe o público, mediante avisos ou outros medios apropiados, como os electrónicos cando se dispoña deles, sobre calquera proposta de plans, programas ou disposicións de carácter xeral.

Tendo en conta o establecido no parágrafo anterior e co fin de asegurar que se observen as garantías en materia de participación na elaboración de disposicións de carácter xeral, de acordo co establecido no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, unha vez iniciada a tramitación do proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do monte Aloia,

ACORDO:

Primeiro. Someter a información pública, por un prazo quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 274/2001, do 27 de setembro, polo que se aproba o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do monte Aloia e polo que se aproba o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do monte Aloia.

Segundo. Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de decreto na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia:

https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions

Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións:

• Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: reximexuridico.cmatv@xunta.gal

• Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fin na ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia indicado no punto segundo deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2019

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Vivenda