Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Mércores, 14 de agosto de 2019 Páx. 36844

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (RSE 619/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento salarios de tramitación a cargo do Estado 619/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Carballa Area contra a empresa Acintia Servicios, S.L., Altadium, S.L. e a Subdelegación do Goberno, sobre salarios de tramitación a cargo do Estado, ditouse Decreto o 18 de xullo de 2019 contra o que cabe recurso directo de revisión que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Acintia Servicios, S.L., Altadium, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 18 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza