Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36488

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se realiza a súa convocatoria no ano 2019.

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 28, do 8 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2019 as subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B).

b) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento da violencia de xénero (procedemento SI435A).

c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B).

d) Programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres (procedemento SI435C), financiado con fondos procedentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

No DOG do 20 de xuño de 2019 publicouse a Resolución do 6 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019 (códigos de procedemento SI435B, SI435A, SI427B e SI435C). No anexo II da Resolución do 6 de xuño de 2019 figuraban as 26 solicitudes do programa de fomento da conciliación que, cumprindo os requisitos para ser beneficiarias das axudas, non se incluíron na proposta de concesión por terse esgotado o crédito dispoñible, para seren atendidas, de ser o caso, a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións; así mesmo, e por esgotamento do crédito destinado ao programa de apoio aos CIM na anualidade 2019, oito entidades locais non recibiron axuda para o financiamento do posto de axente de igualdade e/ou de dinamización do territorio con enfoque de xénero.

Mediante a Resolución do 31 de xullo de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 148, do 6 de agosto) ampliouse a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria no ano 2019. O incremento da dotación é de 216.364,62 euros na anualidade 2019, 162.912,24 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1 (código de proxecto 2016.00018) e 53.452,38 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.313B.460.0 (código de proxecto 2015.00144), consignadas no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Segundo o artigo 17.3 das bases reguladoras, e de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 15 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para o financiamento dos programas das entidades locais que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 16 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo, por un importe total de 257.076,16 euros, distribuídos nas aplicacións orzamentarias que se indican.

Aplicación

Código de proxecto

Importe

05.11.312G.460.1

2016 00018

162.994,77 €

Exercicio 2019 - 05.11.313B.460.0

2015 00144

59.179,13 €

Exercicio 2020 - 05.11.313B.460.0

2015 00144

34.902,26 €

Recórdaselles ás entidades beneficiarias que, de acordo co establecido no artigo 21.2 das bases reguladoras, se realizará un primeiro pagamento do 75 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez que se realice a notificación da resolución. No programa de apoio aos CIM a contía do anticipo non poderá ser superior ao importe da subvención imputada ao exercicio 2019; se for o caso, o importe do anticipo reducirase ata o dito límite.

O 25 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo de que as entidades beneficiarias xustifiquen o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

Así mesmo, de acordo co establecido no artigo 20.1 da convocatoria, a data límite para presentar a documentación xustificativa da actuación subvencionada necesaria para proceder ao pagamento da subvención é a seguinte:

a) Programa de fomento da conciliación (SI435B): o prazo para presentar a xustificación das medidas subvencionadas ao abeiro destes programas finaliza o 10 de outubro de 2019.

b) Programa de apoio aos CIM (SI427B): o prazo para presentar a documentación xustificativa da actuación subvencionada finaliza o 17 de abril de 2020.

Dentro do dito prazo, as entidades beneficiarias deberán presentar a documentación común e a específica correspondente á actuación subvencionada relacionada no artigo 20.3 da convocatoria. De acordo co establecido no artigo 12.6 das bases reguladoras, a presentación da documentación deberá realizarse electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Os datos do perfil, dos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes achegaranse a través da aplicación informática Participa 1420.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:

a) As subvencións concedidas ao abeiro dos programas recollidos nas letras a), b) e c) do artigo 1.1 das bases reguladoras, están cofinanciadas polo FSE nunha porcentaxe do 80 % no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020. No caso do programa de fomento da conciliación, no obxectivo temático 8 «promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral», prioridade de investimento 8.4 «a igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, incluídos o acceso ao emprego, a progresión na carreira profesional, a conciliación da vida laboral e a vida privada e a promoción de igual remuneración por igual traballo», obxectivo especifico 8.4.2 «(Re) integrar e manter no mercado laboral as persoas con dependentes ao seu cargo, a través de medidas de conciliación da vida persoal e laboral, e fomentar a igualdade de xénero no ámbito formativo, educativo e laboral»; e no caso do programa de apoio aos CIM, no obxectivo temático 9 «promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «a loita contra toda forma de discriminación e o fomento da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, e evitar, pola súa vez, a discriminación múltiple».

b) A aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, en relación co artigo 115.2. da mesma norma xurídica.

c) Estas axudas son incompatibles con outras axudas públicas para a mesma actuación ou actividade nos termos establecidos no artigo 3 da convocatoria.

d) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na demais normativa europea de aplicación, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 22 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

e) Nos artigos 6.7, 8.7 e 24 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, á minoración da subvención inicialmente concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

Terceiro. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral da Igualdade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2019

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

a) Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (SI435B).

Nº de expte.

Entidade local

NIF

Nome da medida

Gasto elixible (*)

Puntos

Concesión

SI435B 2019/56

Concello de Curtis

P1503200F

Concilia no verán

16.800,00

28,50

12.000,00

SI435B 2019/102

Concello de Taboada

P2706000C

Actividades de verán

9.464,34

28,50

7.571,47

SI435B 2019/11

Concello de Santiso

P1508000E

Iguálate

2.100,00

28,25

1.680,00

SI435B 2019/38

Concello de Pol

P2704600B

Pol concilia

16.770,60

28,25

12.000,00

SI435B 2019/59

Concello de Aranga

P1500300G

Aranga concilia

6.861,09

28,00

5.488,87

SI435B 2019/16

Concello de Vilardevós

P3209200I

Compartindo ilusións sen excepcións

11.480,00

27,75

9.184,00

SI435B 2019/09

Concello de Toén

P3208200J

Programa de fomento da conciliación

2.426,00

27,50

1.940,80

SI435B 2019/58

Concello de Fisterra

P1503800C

Programa Respira

13.736,80

27,50

10.989,44

SI435B 2019/76

Concello de Pontecesures

P3604400F

Fomento da conciliación

12.181,00

27,50

9.744,80

SI435B 2019/12

Concello de Lobios

P3204300B

Ti eu máis eu xogamos ao mesmo

8.131,20

27,25

6.504,96

SI435B 2019/53

Concello de Maceda

P3204400J

Manciñeiros

9.378,14

27,00

7.502,51

SI435B 2019/73

Concello de Vilarmaior

P1509200J

Actividades de conciliación

4.134,00

27,00

3.307,20

SI435B 2019/54

Concello de Baralla

P2703600C

Campamentos urbanos de verán para conciliación da vida laboral e familiar

13.128,50

26,75

10.502,80

SI435B 2019/41

Concello de Irixoa

P1504000I

Programa Respira

7.520,00

26,50

6.016,00

SI435B 2019/84

Concello de Moeche

P1505000H

Campamentos de conciliación familiar

11.040,00

26,50

8.832,00

SI435B 2019/98

Concello das Neves

P3603400G

Campamento de verán

12.600,00

26,50

10.080,00

SI435B 2019/101

Concello da Bola

P3201500J

Programa fomento da conciliación

11.760,00

26,25

9.408,00

SI435B 2019/99

Concello de Vilanova de Arousa

P3606100J

Sempre Xove

15.679,66

26,00

12.000,00

SI435B 2019/20

Concello de Cambre

P1501700G

Concilia Cambre

31.000,00

24,50

12.000,00

SI435B 2019/65

Concello de Valdoviño

P1508800H

Programa concilia tempos

7.802,40

23,50

6.241,92

(*) Custos directos de persoal máis un 40 % e menos os ingresos, de ser o caso.

b) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (SI427B).

Nº de expte.

Entidade local

NIF

Puntos

Acción

Nº de horas 2019

Concesión 2019

Nº de horas 2020

Concesión 2020

Total concedido

SI427B 2019/79

Concello da Pobra de Trives

P3206400H

51,55

Ax. dinamización

496

7.713,79

336

4.000,00

11.713,79

SI427B 2019/67

Concello de Gondomar

P3602100D

29,80

Ax. igualdade

618

8.543,23

273

4.717,44

13.260,67

SI427B 2019/36

Concello de Maceda

P3204400J

39,30

Ax. igualdade

248

3.428,35

124

2.142,72

5.571,07

SI427B 2019/80

Concello de Ponteareas

P3604200J

43,05

Ax. igualdade

464

7.216,13

230

3.974,40

11.190,53

SI427B 2019/72

Concello de Pontevedra

P3603800H

29,80

Ax. igualdade

1.002

3.457,26

456

1.729,04

5.186,30

SI427B 2019/63

Concello de Redondela

P3604500C

49,55

Ax. igualdade

850:30

9.692,24

527

6.005,66

15.697,90

SI427B 2019/56

Concello de Santiago de Compostela

P1507900G

34,80

Ax. igualdade

1.022

14.128,13

581

8.333,00

22.461,13

SI427B 2019/65

Concello do Grove

P3602200B

38,55

Ax. dinamización

470

5.000,00

235

4.000,00

9.000,00