Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Luns, 12 de agosto de 2019 Páx. 36561

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 50/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 50/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía López Seoane contra Café Bar Rakel, S.L. sobre despedimento, se ditou auto e decreto en data 15.7.2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Lucía López Seoane con Café Bar Rakel, S.L., condenando a esta a que aboe á executante a cantidade de 7.168,21 euros en concepto de indemnización e 13.033,05 euros por salarios de tramitación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E a parte dispositiva do decreto:

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Café Bar Rakel, S.L., pola cantidade de 20.201,26 euros en concepto de principal (7.168,21 euros de indemnización e 13.033,05 euros de salarios), máis 2.020,12 euros que se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta deste xulgado aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0050 19, procédase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Café Bar Rakel, S.L., a fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0050 19. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse en conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0050 19”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Café Bar Rakel, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza