Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Venres, 9 de agosto de 2019 Páx. 36452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2018/399-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CTC Monte de Berdón.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 137 metros de lonxitude, con orixe no apoio HVH 2500/13 do tramo VAR808B0794 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na rúa Monte de Berdón (Maceiriña), Arealonga.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 10 de outubro de 2018, no BOP do 5 de outubro, no xornal Faro de Vigo do 28 de setembro e no taboleiro de anuncios do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante o trámite de información pública recibíronse alegacións de José Mª Remírez de Esparza Lindner, en nome dos titulares da parcela afectada pola instalación, co fin de actualizar na relación de bens e dereitos afectados os titulares da parcela e propoñendo unha nova localización da instalación. Posteriormente, e logo da remisión a esta xefatura territorial por parte dos titulares da parcela da autorización para a construción da instalación na nova localización proposta, UFD Distribución Electricidad, S.A. informa esta xefatura territorial da imposibilidade de asinar un acordo de ocupación da parcela necesaria para a construción da instalación porque os alegantes lle indican que xa non son os titulares, polo que UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita que se continúe coa tramitación da declaración de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita para os efectos de poder executar a instalación prevista, indicándose que os titulares da parcela son descoñecidos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados polo dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 18 de xullo de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra