No BOP da Coruña número 142, do 30 de xullo de 2019, publícanse as bases específicas da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do seguinte posto de traballo:
– Director/a da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais seguintes ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2019
O alcalde
P.D. (Xunta de Goberno Local do 24.6.2019)
Marta Abal Rodríguez
Concelleira delegada de Economía, Facenda, Contratación,
Persoal e Modernización da Administración Local