Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36176

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

A Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005 (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Resolución do 11 de decembro de 2018 (DOG núm. 240, do 18 de decembro), da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publica o pacto subscrito pola Administración sanitaria coas organizacións sindicais CIG, CESM-O’MEGA, CC.OO., UGT y CSIF sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 22 de xullo de 2011 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada da Coruña e de Santiago de Compostela, así como pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, a xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, as prazas de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, presentaranse, dirixidas á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, no Rexistro Xeral da dita xerencia, sito na travesía da Choupana, s/n, 15706, Santiago de Compostela, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o día 15 de setembro de 2019.

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios dos centros hospitalarios dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, no Punto de Atención ao Traballador (PAT) da Dirección de Recursos Humanos e na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela