Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Xoves, 8 de agosto de 2019 Páx. 36210

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 10 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegar os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións, as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación posterior que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegar no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de mayo), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que cómpre achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 986 56 80 36.

Para que conste e sirva de notificación as persoas interesadas, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, e a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro edictal único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de xullo de 2019

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

DNI/NIF/Nome

Y01916612J

X07988955C

Y03439046P

77459504N

76822594H

10026080N

77406954V

44663765L

77414767X

Y06162945V

X04509763S

77007991N

53611109H

35552476L

53114717N

43772601J

X00605684W

35480938B

Servin Hernández Laura