Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Mércores, 7 de agosto de 2019 Páx. 36062

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2021/2019-M).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2021/2019-M

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 433/2017 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrentes: Rita María Lema Traba, Ramón Castiñeira González e José Cantorna Agra

Avogados: Pedro Manuel Pedreira Candal (...)

Recorridos: Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Club Financiero Atlántico, S.A., propietaria del Club Financiero Atlántico, S.A., Juan Juega administrador concursal de Remocsa e Irene Fernández Martínez

Avogados: letrado de Fogasa, José Carlos Bouza Fernández, Francisco Abuín Porto (...)

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2021/2019 desta sección, seguido por instancia de Rita María Lema Traba contra Fogasa, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Remocsa), Club Financiero Atlántico, S.A., propietaria do Club Financiero Atlántico, S.A., Juan Juega administrador concursal de Remocsa e Irene Fernández Martínez, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación articulado por Rita María Lema Traba contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 18 de setembro de 2018, en autos 433/2017, instados pola aquí recorrente fronte a Propietaria del Club Financiero Atlántico, S.A., Asociación Club Financiero Atlántico, Restauraciones Monumentales y Construcciones, S.A. (Recmosa), administrador de Recmosa, Irene Fernández Martínez, Ramón Castiñeira González, José Cantorna Agra e Fogasa, sobre despedimento, confirmamos a resolución de instancia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Restauraciones Monumentales y Construcción, S.A. (Recmosa), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza