Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 6 de agosto de 2019 Páx. 35916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ACORDO do 18 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dá publicidade do inicio dos expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en Pontevedra:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór a disposición dos interesados os expedientes para que consonte o previsto no artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, situada na avenida María Victoria Moreno, nº 43, de Pontevedra.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro, como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

Pontevedra, 18 de xullo de 2019

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado

Importe

Curso

Causa

Pereira Italiani, Guillermo Pablo

260,00 euros

2016/17

1.10

Amaro Vecoña, Isolino

260,00 euros

2016/17

1.13

Iglesias Docampo, Manuel

1.826,00 euros

2016/17

7.34

Remón Gómez, Felipe

1.303,00 euros

2016/17

7.34