Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes da parcela S do parque empresarial As Gándaras.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 25 de abril de 2019, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente, de conformidade co informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural de data do 20 de marzo de 2019, o estudo de detalle formulado para a ordenación de volumes da parcela S do parque empresarial As Gándaras, formulado pola entidade mercantil Inmobiliaria y Bricolaje Bricoman, S.L.U., (artigo 80.2 da LSG).

Segundo. Proceder á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG, no prazo dun mes desde a súa adopción. Xunto coa publicación deste acordo publicarase a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro deste estudo de detalle a disposición do público (artigo 82.2 da LSG).

Terceiro. Unha vez publicado o anuncio no DOG, ao que fai referencia o anterior acordo, proceder á remisión dun exemplar deste estudo de detalle en soporte dixital, debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (CMATV) para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Sendo esta inscrición requisito de eficacia do acordo de aprobación definitiva (artigo 88 da LSG). Posteriormente, procederase á publicación do anuncio no BOP, conforme o establecido nos artigos 82.3 e 88.4 da LSG.

Cuarto. Notificar este acordo aos interesados, indicando que contra el poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo) nun prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo), sen prexuízo de que poidan interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que consideren conveniente ao seu dereito.

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse no seguinte enderezo electrónico:

http://lugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 3 de xullo de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto núm. 19005695)
Miguel Ángel Couto Alonso
Concelleiro delegado de Urbanismo Sostible