Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO polo que se aproban as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade da praza vacante de técnico/a superior, encadrada no grupo A, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

Resolución da Alcaldía número 2019-0358, do 11 de xullo de 2019, do Concello da Lama, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a provisión en propiedade da praza vacante de técnico/a superior, encadrada no grupo A, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, na sede electrónica deste concello (https://concellodalama.sedeelectronica.es) e, no taboleiro de anuncios, para maior difusión, e as bases íntegras na sede electrónica municipal e no taboleiro de anuncios.

A Lama, 11 de xullo de 2019

Jorge Canda Martínez
Alcalde