Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35767

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 23 de xullo de 2019, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-S-57/2018, por infracción leve en materia de turismo.

Por medio desta cédula e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución do expediente sancionador OU-S-57/2018, do xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

O interesado poderá recoller a resolución mediante comparecencia na dependencia da Área Provincial de Turismo, rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, Ourense.

Contra a dita resolución, que non esgota a vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 y 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, todo iso sen prexuízo de que o interesado poida interpor calquera outro que considere oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, as sancións devirán firmes, e deberanse aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes seguinte ou hábil inmediatamente posterior, por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias do Servizo de Turismo de Ourense. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Ourense, 23 de xullo de 2019

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-S-57/2018.

Titular sancionado: André Lande Bellamy.

Establecemento: Casa Anxeliña.

Domicilio: San Roque, 22.

Localidade: Cidones, Soria.

Resolución: 18 de xuño de 2019.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a), 109.2.c), 109.3 e 109.6 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Sanción: seiscentos (600) euros.