Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 5 de agosto de 2019 Páx. 35749

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui

EDICTO (443/2017).

Cristina Iscar Cifuentes, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui, anuncia:

No presente procedemento ordinario 443/2017, seguido por instancia de Óscar David Collazo Rodríguez fronte a Natividade María Cándida Barbosa ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Que estimo a demanda interposta pola representación procesual de Óscar David Collazo Rodríguez contra Natividade María Cándida Barbosa, e así, declaro resolto o contrato de compra-venda subscrito entre as partes o 3 de agosto de 2017 e condeno a Natividade María Cándida Barbosa a pagar o anterior a cantidade de 9.833,76 euros, más os xuros legais comprendidos no artigo 576 da Lei de axuizamento civil. Que impoño as custas causadas a Natividade María Cándida Barbosa. Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, ante este xulgado e do que coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de acreditación de ter depositado a cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado. A falta de correcta consignación suporá a inadmisión a trámite do recurso. A desestimación ou inadmisión deste suporá a perda do depósito. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. E, encontrándose o dito demandado, Natividade María Cándida Barbosa, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma.

Tui, 24 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza