Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35589

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 135/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 135/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Vázquez Fidalgo contra Value and Financial Backing, S.L. e o Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución da Sentenza número 188/2019, do 24 de abril de 2019, ditada no procedemento DOI 69/2019, a favor da parte executante, Miguel Ángel Vázquez Fidalgo, fronte a Value and Financial Backing, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 27.394,79 euros, en concepto de principal (14.780,44 euros en concepto de indemnización e 12.614,35 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 2.739,47 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina S.S ª. Dou fe.

A xuíza.

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019.

Parte dispositiva.

De cara a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Value and Financial Backing, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 27.394,79 euros en concepto de principal (14.780,44 euros en concepto de indemnización e 12.614,35 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 2.739,47 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número de expediente xudicial 1589 0000 64 0135 19), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a dita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Value and Financial Backing, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente os bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e os gravames que sobre eles pesaren, e poderán impórselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Value and Financial Backing, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza