Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 1 de agosto de 2019 Páx. 35513

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade do encargo ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), do servizo técnico cualificado para a redacción do proxecto de rexeneración do bosque de ribeira, eliminación de vexetación alóctona invasora e consolidación de marxes na ZEC río Tea, executado durante o exercicio 2018.

Pola presente resolución do 23 de xullo de 2019, da directora xeral de Patrimonio Natural, dáse publicidade da Resolución do 7 de xuño de 2018, da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P., o servizo ténico cualificado para a redacción do proxecto de rexeneración do bosque de ribeira, eliminación de vexetación alóctona invasora e consolidación de marxes na ZEC río Tea.

– Actividade: redacción do proxecto de rexeneración do bosque de ribeira, eliminación de vexetación alóctona invasora e consolidación de marxes na ZEC río Tea.

– Natureza e alcance da xestión encargada: este encargo ten natureza intersubxectiva ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto nos artígos 47 e 48 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público de Galicia.

– Prazo de vixencia: do 21 de xuño de 2018 ao 16 de xullo de 2018.

– Financiación: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, cun orzamento de execución de 4.454,82 €, con cargo á aplicación orzamentaria 07.03.541B.601.3. A actuación foi cofinanciada nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) do programa operativo interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2019

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural