Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a Red Eléctrica de España, S.A.U. as autorizacións administrativas previa e de construción para a instalación de transporte de enerxía eléctrica cuxo proxecto leva por título Liña eléctrica aéreo-subterránea de MT a 20 kV e centro de transformación 400 kVA para alimentación eléctrica da nova subestación de Lousame de REE, no concello de Lousame, na provincia da Coruña (expediente IN407A 2017/176-1).

Feitos.

Primeiro. O 30.3.2017 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Red Eléctrica de España, S.A.U. (en adiante, REE) a autorización administrativa, se aprobou o proxecto de execución e se recoñeceu, en concreto, a utilidade pública da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada Nova subestación a 220 kV de Lousame, no termo municipal de Lousame, na provincia da Coruña (expediente IN407A 2009/471-1).

Segundo. O 27.10.2017 a empresa REE presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de transporte de enerxía eléctrica cuxo proxecto leva por título Liña eléctrica aéreo/subterránea de MT a 20 kV e centro de transformación 400 kVA para alimentación eléctrica da nova subestación de Lousame de REE, acompañada do proxecto de execución, das separatas técnicas para as entidades afectadas e da relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

Segundo consta no proxecto de execución, a infraestrutura eléctrica proxectada ten por obxecto dar subministración eléctrica aos servizos auxiliares da nova subestación eléctrica Lousame, queda comprendida no termo municipal de Lousame (A Coruña) e consiste nas seguintes instalacións:

• Liña eléctrica aérea de MT 20 kV de 1.290 m, condutor desnudo AL-AC tipo 47-ALI/8ST1A (LA56), entre punto de entronque derivado da rede de Unión Fenosa Distribución, S.A. TA2803 e as proximidades da nova subestación de Lousame (IN407A 2009/471-1).

• Liña eléctrica soterrada de MT 20 kV de 73 m, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al + H16 desde o final da liña antes citada e ata a cela do CT proxectado.

• Centro de transformación en edificio de superficie prefabricado instalado no límite da nova subestación de Lousame. Albergará armario de medida visitable desde exterior de subestación e separado de cela de liña, de protección e de medida, cadro de BT, cables de BT, cadro de control e transformación de 400 kVA 24/20 kV-B.

Terceiro. O 8.2.2018 a Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, xefatura territorial) adoptou o acordo polo que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada LMTAS 20 kV e CT 400 kVA servizos auxiliares, subestación Lousame (expediente IN407A 2017/176-1).

Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 19.4.2018, no Boletín Oficial da provincia do 21.2.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 21.2.2018; e tamén estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello de Lousame durante o preceptivo prazo de 20 días (entre o 16.2.2018 e o 7.3.2018).

Durante o período en que o proxecto de execución desta infraestrutura eléctrica se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto. O 8.2.2018 a xefatura territorial trasladou as separatas técnicas do proxecto de execución da devandita infraestrutura eléctrica, para os efectos de obter o seu informe ao respecto, ás seguintes entidades con bens ou dereitos afectados: Augas de Galicia, Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería do Medio Rural, Concello de Lousame e Unión Fenosa Distribución, S.A.

A respecto da entidade que non contestou, Augas de Galicia, enténdese a súa conformidade coa autorización da infraestrutura eléctrica, conforme o disposto nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

As outras tres entidades presentaron os seus respectivos escritos manifestando a súa conformidade e/ou fixando o seu condicionado técnico, dos que se deu traslado á empresa promotora da infraestrutura eléctrica, REE, quen presentou a súa conformidade ao respecto.

Quinto. O 27.3.2019 os servizos técnicos da xefatura territorial informaron favorablemente a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a remisión do expediente de referencia (IN407A 2017/176-1) á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para que prosiga coa súa tramitación.

A respecto doutros trámites non reflectidos nos feitos anteriores, no devandito informe da xefatura territorial faise constar o seguinte:

• En canto ao proxecto de execución, asinado por Tito Arias Santos (enxeñeiro técnico industrial, colexiado nº 1.010 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industrias de León) e visado por este colexio coa referencia VD1701682 e data 22.9.2017, consta no expediente declaración responsable na que se acredita o cumprimento de toda a normativa que lle é de aplicación ás instalacións contempladas no proxecto, segundo o establecido no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• No expediente consta o informe favorable do Ministerio para a Transición Tecnolóxica para os efectos previstos no artigo 35 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 114 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Realizada a visita de campo para examinar o emprazamento das instalacións, non se apreciou ningunha das limitacións á constitución de servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, nos predios afectados pola expropiación.

• O 12.12.2018 a empresa REE presentou un documento no que manifesta que dispón da totalidade das autorizacións requiridas para o paso da liña eléctrica de referencia, tramitadas pola vía do mutuo acordo cos propietarios das parcelas afectadas.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; en relación coa Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Segunda. Conforme o disposto no artigo 34 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, a rede de transporte secundario está constituída polos seguintes elementos:

• As liñas, parques, transformadores e outros elementos eléctricos con tensións nominais iguais ou superiores a 220 kV non incluídas na rede de transporte primario e por aqueloutras instalacións de tensións nominais inferiores a 220 kV, que cumpran funcións de transporte;

• E aqueles activos de comunicacións, proteccións, control, servizos auxiliares, terreos, edificacións e demais elementos auxiliares, eléctricos ou non, necesarios para o axeitado funcionamento das instalacións específicas da rede de transporte antes definida.

Terceira. De acordo co disposto nos artigo 54 e 55 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, non procede o recoñecemento en concreto da utilidade pública da infraestrutura eléctrica de referencia, ao ter chegado o seu promotor a un acordo cos propietarios das fincas afectadas para a súa ocupación e, deste xeito, non ser necesaria a súa expropiación.

Cuarta. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Consellería de Economía e Industria pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

• Outorgar á empresa REE a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de transporte de enerxía eléctrica cuxo proxecto leva por título Liña eléctrica aéreo/subterránea de MT a 20 kV e centro de transformación 400 kVA para alimentación eléctrica da nova subestación de Lousame de REE, no concello de Lousame (A Coruña).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado Liña eléctrica aéreo/subterránea de MT a 20 kV e centro de transformación 400 kVA para alimentación eléctrica da nova subestación de Lousame de REE, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos (colexiado nº 1.010 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de León), visado por este colexio coa referencia VD1701682 e data 22.9.2017; e no que figura un orzamento de 178.283,27 euros.

Segunda. A empresa REE asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Enerxía e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que diten en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Unha vez construídas estas instalacións, a empresa REE deberá presentar a solicitude de posta en servizo ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que consideren oportunas.

Quinta. En canto aos bens e dereitos afectados por esta infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a empresa REE procederá a realizar os correspondentes cruzamentos e afeccións de acordo cos condicionados e informes emitidos por estes.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa.

Sétima. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas