Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 29 de xullo de 2019 Páx. 34729

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 90/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 90/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vicente González Núñez contra a empresa Pro-Mecánico Mario Crespo, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto que despacha a execución e Decreto do 5 de xullo de 2019, impugnables en reposición no prazo de tres días, e que se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Pro-Mecánico Mario Crespo, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de xullo de 2019

A letrada da Administración de xustiza