Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica aos posibles titulares de dereitos e intereses o acordo adoptado por este xurado, relativo ao monte de Santa María de Muxa, concello de Lugo (expediente 26/83).

Na sesión celebrada polo xurado provincial o día 25.6.2019, figura o seguinte acordo:

Monte Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire (expediente 26/83) pertencente aos veciños da parroquia de Santa María de Muxa, no termo municipal de Lugo. Na reunión do xurado do 18.11.2016 acordouse dar cumprimento á sentenza ditada o 19.5.2015 do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo, no procedemento ordinario 908/2013, quedando cunha superficie de 50,26 ha. O 17.10.2018, David Castedo Gómez presenta un escrito solicitando unha corrección dun erro na execución gráfica da dita sentenza. O 27.3.2019, o xurado acordou dar cumprimento á sentenza do Xulgado de Primeira Instancia, número 4, de Lugo, do 25.5.2015, no procedemento ordinario 869/2014, polo que o monte pasou a ter unha superficie de 49,92 ha. O Servizo de Montes, en informe emitido o 10.6.2019 (nº 81/18), á vista do escrito de David Castedo Gómez, comproba un erro gráfico no plano resultante debido a un erro por parte do interesado ao enviar a definición cartográfica da parcela, que realmente debería lindar coa parcela 252 do polígono 408 e non debera existir separación entre elas, como se recollía orixinalmente na súa definición catastral. Considerando o disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, que establece que as administracións públicas poderán rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, proponse corrixir o erro quedando o monte Xartego, do Medio, Cerro, Guimarei, Outeiro e Toire cunha superficie de 49,70 ha de conformidade co dito informe. En vista do anterior, o xurado, por unanimidade, acorda rectificar o erro constatado e proceder ás oportunas correccións no expediente, de conformidade co informe do Servizo de Montes.

Ao descoñecerse o nome e o enderezo dos posibles titulares de dereitos e intereses sobre o referido monte, por medio do presente anuncio, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, comunícase o dito acordo.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 5 de xullo de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo