Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 26 de xullo de 2019 Páx. 34519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 12 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación, ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanse por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51, 3º andar, Vigo, das  9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme ao artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 12 de xullo de 2019

A xefa territorial de Pontevedra
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo; DOG núm. 53)
Beatriz Agrelo Lorenzo
Xefa do Servizo de Xestión de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIE/PAS

Data requirimento

21608

102570995

13.6.2019

22892

J290177

10.6.2019

22958

C02217714

13.6.2019

23658

FU441414 (representante Y3454232Z)

5.6.2019

23857

AU938839 (representante AU860754)

6.6.2019

24260

G0060761 (representante AU614808)

10.6.2019

25047

116585987 (representante 020331845)

26.6.2019

25048

150515526 (representante 020331845)

26.6.2019