Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34129

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade da parte dispositiva da Sentenza 216/2019, do 16 de abril, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de abril de 2019, pronunciou a sentenza número 216/2019, ditada no procedemento ordinario número 4183/2017, interposto por Tres Mares, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencisoso-administrativo interposto pola mercantil Tres Mares, S.A., contra a Orde do 22 de decembro de 2016 da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que outorga a aprobación definitiva parcial ao Plan xeral de ordenación municipal de Caldas de Reis, e anulamos a dita orde, no que se refire a ordenación da parcela rexistral número 9.160 propiedade da recorrente.

Non se fai imposición das custas procesuais a ningunha das partes».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo