Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xullo de 2019, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado, relativos á revisión do esbozo do expediente 45/79 e cinco máis.

Como consecuencia da entrada en vigor da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e coa finalidade de levar a cabo o establecido na disposición transitoria décimo terceira con respecto á revisión de esbozos de montes veciñais en man común, o xurado, na reunión celebrada o 17.9.2012, acordou solicitar ao Servizo de Montes a realización de propostas de revisión e elaboración de cartografías actualizadas dos montes veciñais da provincia, susceptibles de tal adecuación.

En relación con isto, na sesión celebrada polo xurado provincial o día 25.6.2019, figuran os seguintes acordos:

• Monte Granda Abilleira e Salgueiros (expediente 45/79), pertencente aos veciños da parroquia de Duarría, do termo municipal de Castro de Rei. O 25.3.2019, o técnico do Distrito X elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 19/19) para o monte Granda Abilleira e Salgueiros, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 111,50 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán (expediente 121/78), pertencente aos veciños da parroquia do Sisto, do concello de Ourol. O 15.5.2018, tivo entrada escrito presentado por Roberto Suárez Gato como representante da comunidade, no que solicita que se proceda á revisión do esbozo conforme a documentación que achega, que foi emendada o 6.5.2019. O 16-5-2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 44/18) para o monte Espenucas, Algosas, Couteiro, Pico de Paredes e Costa de Cebrán, nos termos que no dito informe se describen, quedando cunha superficie de 470 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Rancaño e Serra (expediente 63/76), pertencente aos veciños da parroquia de Rozavales, do concello de Monforte de Lemos. O 18.12.2017, tivo entrada escrito presentado por Rosa María Pumar Rodríguez como representante da comunidade, en que solicita que se revise o esbozo conforme a documentación que achega, que foi emendada o 26.10.2018. O 7.5.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 91/17) para o monte Rancaño e Serra, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 154,10 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte de Trasmonte (expediente 64/75), pertencente aos veciños da parroquia de Trasmonte, do concello de Friol. O 20.11.2018, tivo entrada escrito presentado por José Ferreiro Lamas como representante da comunidade, en que solicita que se revise o esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi emendada o 24.3.2019. O 10.4.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 91/18) para o monte de Trasmonte, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 353 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a dita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte San Pedro (expediente 134/75), pertencente aos veciños da parroquia de San Pedro do Incio, do concello do Incio. O 12.7.2018, tivo entrada escrito presentado por José Manuel Jato Rodríguez como representante da comunidade, en que solicita que se revise o esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi emendada o 28.3.2019. O 6.6.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 61/18) para o monte San Pedro, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 613,4 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía. Examinada a devandita proposta, o xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

• Monte Argán de Vilarente (expediente 126/77), pertencente aos veciños dos lugares da Touceira, O Vilar, Fabega, Cabaza e O Rego das Pedras, da parroquia de Vilarente, no termo municipal de Abadín. O 27.11.2018, tivo entrada escrito presentado por María Isabel López Rouco como representante da comunidade, en que solicita que se revise o esbozo conforme a documentación que xunta. Esta solicitude foi emendada o 23.4.2019. O 17.6.2019, o Servizo de Montes elabora unha proposta de novo esbozo (núm. 99/18) para o monte Argán de Vilarente, nos termos que no dito informe se describen, que queda cunha superficie de 70,81 hectáreas, de conformidade coa nova cartografía (tendo en conta a avinza con Corvite). Examinada a devandita proposta, o Xurado, por unanimidade, acorda aceptala e proceder á oportuna incorporación do esbozo ao expediente, e constancia a nivel do Rexistro de Montes Veciñais en Man Común, de conformidade co dito.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 8 de xullo de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo