Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 23 de xullo de 2019 Páx. 34181

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2019 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Data da resolución: 6.6.2019.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-31-16-C-1.

Obxecto da concesión: explotación de instalacións de subministro de combustible para buques.

Porto: Muxía.

Concesionario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Prazo da concesión: 10 anos.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 394,9 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e o 1 % anual da importe neto cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 180,00 m2.

Investimento que debe realizar o concesionario: 0,00 €.

Data da resolución: 27.5.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-02-97-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de instalacións de dominio público portuario para o desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación e xestión indirecta do servizo de lonxa.

Porto: Carril.

Concesionario: Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Carril.

Prazo da concesión: 5 anos.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 252,53 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e 0,0015 € por quilogramo de pesca vendida na lonxa anuais en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Superficie concedida no título concesional: 540,00 m2.

Investimento que debe realizar o concesionario: 0,00 €.

Data da resolución: 27.5.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 13-36-88-C-1.

Obxecto da concesión: instalación dun aparato surtidor de gasóleo con dous tanques de 50.000 l e un aparato surtidor de gasolina cun tanque de 25.000 l.

Porto: Tragove.

Concesionario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A.

Superficie concedida no título concesional: 188,65 m2.

Prazo da concesión: 5 anos.

Investimento que debe realizar o concesionario: 0,00 €.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 772,97 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e 1 % anual do importe neto cifra de negocio anual de todas as actividades portuarias desenvolvidas nas instalacións obxecto da concesión en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Data da resolución: 8.7.2019.

Tipo de trámite: prórroga de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-10-12-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de explanada e rampla con destino á explotación dun guindastre de 5 t para izada/varada de embarcacións e actividades complementarias de reparación de embarcacións.

Porto: Pontedeume.

Concesionario: José Antonio Sánchez Pérez.

Superficie concedida no título concesional: 278,73 m2.

Prazo da prórroga: 2,5 anos.

Investimento que debe realizar o concesionario: - €.

Taxas que se deben devindicar a Portos de Galicia: 1.487,64 € anuais (IVE excluído) en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario e 1 % do importe neto cifra de negocio anual en concepto de actividades comerciais, industriais e de servizos.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

Juan José Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia