Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 21 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, dun posto de traballo vacante na Fiscalía Provincial da Coruña, así como os artigos 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro; e unha vez que a comisión de valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación do posto ofertado no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, no uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro.
Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola comisión de valoración do concurso específico.
Segundo.
Resolver o concurso específico e adxudicar o posto de responsable de estatística, rexistro e calidade da Fiscalía Provincial da Coruña a:
– Francisco Javier Filgueiras Jaspe.
Terceiro.
Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.
Cuarto.
O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga asemade en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza