Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 22 de xullo de 2019 Páx. 33922

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2019 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 18 de xullo de 2019, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

A aprobación da relación de postos da Axencia Galega das Industrias Culturais xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, a proposta da Axencia Galega das Industrias Culturais, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 18 de xullo de 2019, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega de Industrias Culturais nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, en execución da Sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con data do 11 de outubro de 2017, ditada no procedemento ordinario número 265/2016.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 18 de xullo de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia Galega das Industrias Culturais, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2019

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file