Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 17 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación mineira Setepontes 36, no concello de Moeche (A Coruña), promovido por José No Mantiñán e Hijos (clave 2017/0083).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da explotación mineira Setepontes 36, no concello de Moeche (A Coruña), promovido por José No Mantiñán e Hijos.

Este informe de impacto ambiental pódese consultar na seguinte ligazón
http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, baixo).

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático