Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente ICA-OU-0018/2018-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0018/2018-V.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días nas oficinas da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, situadas na praza Europa, 5A, 2º, Área Central, As Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Silvestre José Balseiros Ginarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: ICA-OU-0018/2018-V.

DNI: 34985309D.

Acto de notificación: resolución.