Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente BS618D27028015817 e un máis).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 de Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase mediante este anuncio a notificación das resolucións do recurso de alzada presentado polas persoas interesadas relacionadas no anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos, co fin de que no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social de Lugo, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rolda da Muralla, 70, baixo), en horario de mañá das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e advírtese que, de non facelo así, se terán por notificadas.

Advírtese que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou potestativamente, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderase interpor recurso de reposición no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa notificación ante o mesmo órgano que ditou o acto.

Lugo, 21 de xuño de 2019

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

DNI/NIE

Número de expediente

Resolución data

X2149278C

BS618D27028015817

Recurso desestimado 29.4.2019

33856976X

BS618D27028017017

Recurso estimado parcial 25.1.2019