Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Venres, 19 de xullo de 2019 Páx. 33726

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

A Consellería de Política Social convocou no ano 2019, a través da Orde do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 81, do 29 abril), as bases do procedemento de concesión de subvencións para o Programa de mobilidade transnacional xuvenil, para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión de subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

As subvencións á mobilidade establecidas na dita orde regularanse a través dos seguintes procedementos:

a) BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

b) BS324B: subvencións a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

c) BS324C: subvencións para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos.

De conformidade coa disposición adicional primeira, apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro total ou parcial, a declaración de perda de dereito da subvención ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispor os gastos, o recoñecemento de obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 13 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións dos procedementos, coa relación de persoas beneficiarias, excluídas e en lista de reserva. Esta publicación producirá efectos de notificación. Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e, de xeito adicional, efectuaranse notificacións complementarias por medios electrónicos cando as persoas interesadas estean obrigadas a comunicarse por esta vía.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 9 de xullo de 2019, ditada no procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, presentadas por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da mocidade.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 9 de xullo de 2019, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A notificación da resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención, que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 22 da orde de convocatoria. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que o/a beneficiario/a a acepte expresamente mediante a entrega de documentación sinalada no artigo 10 da orde, nos seguintes prazos:

a) No prazo de 10 días hábiles, o anexo III cuberto aceptando ou renunciando á subvención. No caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 24.2, terá que indicalo no mesmo anexo marcando o cadro previsto para o efecto e indicando o número de conta bancaria da que sexa titular, co código IBAN.

b) No prazo de 20 días hábiles deberá presentar, sempre que non se presentara con anterioridade, acordo entre a entidade concesionaria da subvención e a entidade socia de acollida das mobilidades, debidamente cuberto e selado por ambas as partes, no cal conste o compromiso para a realización das prácticas e o número máximo de persoas que se poden beneficiar (segundo o modelo establecido no anexo IV).

A falta de presentación no prazo e na forma dos anexos III e IV determinará a perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, incluíndo a audiencia da persoa beneficiaria e sen que esta declaración dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 9 de xullo de 2019 ditada no procedemento BS324B
de subvencións para proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia
que desenvolvan actividades no eido da xuventude no Programa
de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, de conformidade co disposto na Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesion de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.05.313A.481.0.

A finalidade do programa de mobilidade é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil, non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición de experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 91,89 % pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo.

Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non están empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como as que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, no contexto da garantía xuvenil.

Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Medida 8.2.2.8: programa de subvencións para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.

A concesión desta subvención supón que a persoa beneficiaria acepta ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), poñeranse á disposición das persoas beneficiarias a través da aplicación informática Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade, resultado inmediato e a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

O método aplicado para determinar o importe da subvención é o de baremo estándar de custos unitarios por participante, en función do país de destino e duración das prácticas.

As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas nos artigos 38 e 39 da Orde do 26 de abril de 2019 (recollidas no anexo I).

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 49 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo ao establecido no artigo 24 da Orde do 26 de abril de 2019.

As entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, para achegar o anexo III aceptando ou renunciando á subvención e, no caso, de solicitar o anticipo previsto no artigo 24.2 da orde, terá que indicalo no mesmo anexo.

No prazo de 20 días hábiles deberá presentar, sempre que non se presentase con anterioridade, acordo entre a entidade concesionaria da subvención e a entidade socia de acollida das mobilidades, debidamente cuberto e selado por ambas as partes, no cal conste o compromiso para a realización das prácticas e o número máximo de persoas que se poden beneficiar (segundo o modelo establecido no anexo IV).

A non presentación dos anexos III e IV no prazo e na forma comporta a declaración da perda do dereito á subvención, sen que dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio para as entidades beneficiarias.

Segundo. Establecer no anexo II a relación de entidades susceptibles de axuda pero que por estar esgotado o crédito, quedan en reserva para seren atendidas no suposto establecido no artigo 20.4.

Terceiro. Denegar á entidade relacionada no anexo III a subvención solicitada pola causa que se detalla.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 26.4.2019; DOG núm. 81, do 29 de abril). Cristina Pichel Toimil. Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de entidades sen ánimo de lucro beneficiarias

Nº de orde

Nº de exp.

Razón social

Puntuación total

Orzamento solicitado

Nº mobilidades

Duración prácticas formativas

1

2019/B/001

Asociación Erasmus Compostela

96

94.925,00 €

14

3 meses

2

2019/B/002

Asociacion Extramundi

96

95.860,00 €

14

3 meses

3

2019/B/004

Grupo Compostela de Universidades

95

92.918,00 €

15

3 meses

4

2019/B/006

Asociación Amigos Sí, pero A Vaquiña polo que Vale

95

98.923,15 €

15

3 meses

5

2019/B/008

Asociación Asteroidea

92

94.137,90 €

14

3 meses

6

2019/B/007

Asociación Patio Preto (anteriormente: Asociación Enxebre Compostela. Presentada no tempo e na forma a solicitude de inscrición de cambio de denominación e estatutos no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia).

87

99.887,90 €

15

3 meses

7

2019/B/020

Aventeira S. Coop. Galega Xuvenil

85

66.729,20 €

12

3 meses

8

2019/B/010

Sustinea

84

85.768,35 €

15

3 meses

9

2019/B/013

Xeración Asociación Cultural

83,5

77.211,75 €

15

3 meses

10

2019/B/005

Asociación Cultural Ingalicia

82,6

72.623,22 €

14

2 meses e 28 días

11

2019/B/024

Asociación Xuvenil Arousa Moza

74,5

*62.507,53 €

7

3 meses

Total

941.492,00 €

*Importe modificado por esgotamento do orzamento.

Obrigas da actividade subvencionada (artigos 38 e 39 da orde):

Artigo 38. Obrigas das entidades beneficiarias relativas ao cofinanciamento pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo

1. Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do POEX para o período 2014-2020, mediante as subvencións reguladas nesta orde, a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación, ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, reguladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 decembro; o artigo 13 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, do 17 de decembro (regulamentos modificados polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020 e a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo FSE durante o período de programación 2014-2020.

b) Cumprir coas medidas de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo), en concreto:

1º. Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades e servizos que desenvolva o proxecto subvencionado, especialmente a través de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa financiado pola Unión Europea, a través do FSE, POEX e do portal web do SNGX.

2º. Así mesmo, as persoas destinatarias serán informadas das mobilidades, de que o programa Galeuropa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola IEX e o FSE, así como da finalidade da subvención, figurando todos os emblemas nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web, destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

2. Relacionadas cos sistemas de xestión e control e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, e na presente norma, deberán:

a) Manter un sistema de contabilidade diferenciado para todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionables polo FSE e IEX, contando polo menos cun código contable adecuado que permita identificar claramente as transaccións e a súa rastrexabilidade.

b) Conservar e custodiar a documentación xustificativa dos gastos durante un prazo de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación, conforme o artigo 140 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será oportunamente publicada no Diario Oficial de Galicia.

c) Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE (modificado polo Regulamento 2018/1046, do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo). Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán formalizados polas entidades e mozos/as beneficiarios/as nos 10 días seguintes da posta á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

Artigo 39. Obrigas

1. No marco do POEX, a entidade beneficiaria deberá someterse ao cumprimento das seguintes obrigas:

a) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais e na páxina web de Xuventude) ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

b) Cubrir os cuestionarios postos á súa disposición desde a aplicación informática 1420 relativos aos indicadores de produtividade e coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e os prazos que establecen os artigos 22.3. e 29. Os indicadores de produtividade serán cubertos no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

c) Pór á disposición dos seus participantes a través da aplicación Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultados, realizando un labor de asesoramento e seguimento para a súa cobertura.

Os indicadores de produtividade e os de resultado inmediato serán cubertos polos participantes no prazo dos 10 días hábiles desde a súa posta a disposición.

2. Obrigas da entidade beneficiaria en relación coa actividade subvencionable para a execución do proxecto de mobilidade:

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida no país de realización das prácticas, que colaborarán coa entidade beneficiaria na execución do proxecto de mobilidade na busca de empresas e/ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ao nivel de estudos e ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispor dos seguros médicos, de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das mobilidades, desde o día da viaxe de ida ata o día de volta incluído.

c) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V.

d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

e) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, de conformidade co artigo 10, a seguinte documentación:

1º. No momento da adxudicación das subvencións, as entidades beneficiarias deberán enviar as actas da Comisión de Valoración onde figuren as persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, DNI e as puntuacións obtidas segundo os criterios de avaliación, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

2º. Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non laborais enviarán:

Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a subvención, con indicación da data de inicio e remate das prácticas.

Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil e seguros médicos que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades.

Unha certificación da persoa representante da entidade en que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación, experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para realizar as mobilidades.

3º. Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas:

A relación de empresas/entidades onde realizará as prácticas cada un dos/das participantes, con indicación da persoa que os/as titorizará na empresa.

O calendario de realización das prácticas de cada participante, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables da semana e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:

A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas. A comunicación deberá realizarse en documento motivado e asinado pola persoa participante.

A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

f) Satisfacer, no momento do seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

g) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das subvencións concedidas.

h) Planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino, o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas non laborais.

i) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa acreditada para cumprir as condicións da subvención.

j) Informar, ao finalizar o programa, as oficinas de emprego da relación de persoas que participaron nas mobilidades.

ANEXO II

Relación de entidades sen ánimo de lucro en lista de agarda

Nº de orde

Nº de exp.

Razón social

Puntuación

total

Orzamento

solicitado

Número de mobilidades

Duración prácticas formativas

1

2019/B/009

Federación Efa Galicia

73

45.778,00 €

12

2 meses

2

2019/B/012

Asociación Fogart

71,5

88.772,50 €

15

3 meses

3

2019/B/011

Asociación Terras de Compostela

66

50.501,50 €

10

2 meses e 15 días

4

2019/B/022

Asociación Xuvenil Acción Voluntaria

65

86.247,25 €

15

3 meses

5

2019/B/015

Asociación Universitaria de Ciencias da Educación

64,9

77.237,15 €

14

2 meses e 27 días

6

2019/B/023

Youth Neet Solutions Ngo

62,5

42.464,00 €

12

2 meses

7

2019/B/017

Euroxuntude

62

90.541,00 €

15

3 meses

8

2019/B/003

Asociación Amigos da Terra

60,5

62.000,00 €

12

3 meses

9

2019/B/019

Asociación Cultural Integra

60

77.132,50 €

15

3 meses

10

2019/B/018

Alrocava

60

89.836,00 €

15

3 meses

11

2019/B/025

Asociación Foro, L.C.

51

80.416,75 €

15

3 meses

12

2019/B/016

Asociación Internacional de Emprendedores

51

41.807,00 €

8

3 meses

13

2019/B/014

Ticket2europe

27

67.967,25 €

15

3 meses

ANEXO III

Relación de entidades sen ánimo de lucro excluídas

Nº de exp.

Razón social

2019/B/021

Sharing Galicia

Artigo 3.4 da Orde do 26 de abril de 2019