Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2019-05 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras, parcela U2, rúa Ramón María Aller Ulloa, nº 9, 27003 Lugo.

Denominación: anillar y reformar CT San Eufrasio 2 (38).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

Reforma e telemando do CD Cervantes 3, consistente en:

Reforma do CT San Eufrasio 2 (38), cunha potencia instalada de 400 kVA, consistente en:

– Obra civil.

Pintado de paredes, teito e chan, realización dun deposito de recollida de aceite, instalación de anteparo de protección, construción de bancada metálica para soporte de celas de MT, instalación de reixa de ventilación e porta de acceso ao local e construción de canles de cables.

– Obra eléctrica.

Instalación de celas modulares, dúas de liña e unha de protección de trafo, instalación de novas pontes entre o CT e o cadro de baixa e entre o CT e as celas de MT, novo circuíto de terras e iluminación, novos cadros de baixa tensión para tensions 400/230V e 260/150V, termómetro en anteparo e desmontaxe da aparamenta e barras ao aire de media tensión.

Liña de media tensión soterrada con orixe nunha cela de liña existente do CT Carrero, 62 (11302) entra e sae no CT San Eufrasio 2 (38) e remata nunha cela de liña existente no CT Caíños (8780), cunha lonxitude de 469 metros en conductor RHZ1-240 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 2 de xullo de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo