Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33607

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Dado que na Administración de xustiza se atopan vacantes postos de traballo xenéricos dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial, dotados orzamentariamente, no ámbito territorial desta comunidade autónoma, procede a súa convocatoria en concurso de traslado, de conformidade co establecido no título VIII da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, así como no artigo 43 e seguintes e mais na disposición derrogatoria única do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Por todo o anterior, a Dirección Xeral de Xustiza, coordinadamente co Ministerio de Xustiza, dispuxo convocar un concurso para a provisión dos postos que se relacionan no anexo I, consonte as seguintes bases:

Primeira. Postos que se poden solicitar

1. Os funcionarios participantes poderán solicitar calquera das prazas incluídas no anexo I, sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes reúnan as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria e os manteñan todos ata a resolución definitiva do concurso, sen ningunha limitación por razón da localidade de destino.

2. As devanditas vacantes identificaranse polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as prazas vacantes anunciadas para ese número de orde do corpo existentes no dito órgano e, así mesmo, todas as súas posibles resultas naqueles casos en que se anuncien.

3. Tamén poderán solicitar as prazas que queden vacantes como consecuencia da resolución do presente concurso, que se incorporarán en concepto de resultas ás vacantes ofertadas, salvo que estean ocupadas por funcionarios titulares adscritos provisionalmente, que se pretendan amortizar en virtude de proxecto de modificación do cadro orgánico, redistribución ou reordenación de efectivos, ou que a dotación asignada a un órgano xudicial se atope sobredotada por un ou máis funcionarios titulares, en cuxos casos non se xerará ningunha resulta correspondente ás prazas do corpo de que se trate. Tampouco producirá resulta o funcionario que estando a ocupar unha praza como adscrito provisional participe neste concurso e obteña unha praza con carácter definitivo. Poderanse solicitar intercaladas vacantes e resultas.

As prazas que se anuncien unicamente en calidade de posibles resultas teñen que identificarse igualmente polo número de orde do órgano xudicial. Coa soa solicitude do número de orde dun órgano xudicial enténdense solicitadas todas as posibles resultas que se poidan producir para ese número de orde do corpo correspondente.

Non teñen a consideración de resultas aquelas prazas que deixen desertas os participantes noutros concursos simultáneos a este.

Co fin de que os posibles solicitantes poidan exercer o dereito que se lles recoñece de solicitar as resultas producidas pola resolución do concurso, desde a data de publicación desta resolución, e durante o período de presentación de solicitudes, exporase na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es), así como nos departamentos competentes das consellerías das comunidades autónomas con transferencia de funcións en materia de provisión de medios persoais ao servizo da Administración de xustiza, a relación de órganos xudiciais e fiscais e de servizos da Administración de xustiza da mesma natureza ca os convocados que se poden solicitar, con indicación do número de orde dos ditos órganos.

Os funcionarios participantes deberanse asegurar de que os números de orde de convocatoria que especifiquen na súa instancia corresponden cos publicados para este concurso, tanto no anexo I coma nas resultas, a fin de evitar que se indiquen outros códigos correspondentes a outros concursos.

4. A sigla VSM que aparece en determinadas prazas significa que os ditos órganos xudiciais compatibilizarán as súas funcións correspondentes á orde civil e penal coa materia relativa á violencia sobre a muller, consonte o Acordo do 22 de xuño de 2005 do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (BOE do 28.6.2005). O resto de siglas que figuran nas columnas «Denominación» e «ATP» significan o seguinte: AV (asistencia á vítima); CP (centro penitenciario); DE (dedicación especial); GA (gardas); HE (horario especial); ML (medicina legal).

5. Neste concurso xeral anual e a resultas, o número máximo de órganos xudiciais que se poderá solicitar entre prazas vacantes e resultas non poderá superar os 200 números de orde, entendendo que cada número de orde comprende todas as vacantes anunciadas e as posibles resultas, se for o caso, do órgano xudicial de que se trate. Establécese este límite de acordo coa facultade que permite o artigo 42 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, co obxecto de axilizar o concurso, dada a participación masiva de funcionarios e que se trata dun concurso xeral que afecta aos tres corpos ou escalas, e en virtude do disposto no acordo marco subscrito entre o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que recibiron o traspaso de competencias de medios persoais e materiais.

6. Non se admitirá ningunha modificación á solicitude de destino formulada unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias. Tampouco se admitirá, unha vez resolto o concurso definitivamente, a renuncia ao destino obtido por ningún motivo alegado, nin tampouco polo feito de se equivocar o concursante á hora de cubrir os números de orde da instancia, polo que os funcionarios que participen no concurso deberán asegurarse de que todos os números de orde de convocatoria que solicitan se corresponden exactamente coas denominacións dos órganos xudiciais ofertados.

7. Poderase admitir a renuncia á participación no concurso, para cuxo efecto se terá como prazo ata o último día de presentación de alegacións á resolución provisional, naqueles casos debidamente xustificados.

8. Excepcionalmente poderase eliminar algunha das prazas anunciadas como vacantes ou resultas, no caso de que se produza de forma sobrevida algunha circunstancia que obrigue a facelo así.

9. No suposto de que se produza unha separación de xurisdicións nalgún partido xudicial do ámbito territorial do Ministerio de Xustiza, as prazas afectadas pola dita separación anunciadas no anexo I da presente convocatoria, e as súas respectivas resultas, entenderanse referidas aos órganos xudiciais coa nova denominación.

Segunda. Requisitos e condicións de participación

1. Poderán tomar parte no presente concurso e solicitar as vacantes de órganos xudiciais dos corpos ou escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza os funcionarios pertencentes aos ditos corpos ou escalas, calquera que sexa a súa situación administrativa, bardante dos que tras obteren destino en anteriores concursos non tomaran posesión do destino que lles foi adxudicado; dos declarados suspensos en firme, mentres dure a suspensión; e dos sancionados con traslado forzoso, ata que transcorra un ou tres anos, para obter destino na mesma localidade en que se lles impuxo a sanción, se se trata de falta grave ou moi grave respectivamente, computándose neste caso os prazos de conformidade co previsto no artigo 43.2.c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Os funcionarios en situación de servizo activo deberán manter esta situación ata a resolución definitiva do concurso. Aqueles que se atopen nas situacións de servizos especiais ou excedencia voluntaria por coidado de familiares, no suposto de reingresaren ao posto de traballo reservado non serán excluídos da participación no concurso. Tampouco serán excluídos os funcionarios en activo que pasen á situación de servizos especiais ou de excedencia voluntaria por coidado de familiares.

No caso de que os funcionarios que se atopen nas situacións de activo, de servizos especiais ou de excedencia voluntaria por coidado de familiares pasen, durante o proceso de resolución do concurso, ás situacións de excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público, de excedencia voluntaria por interese particular, de excedencia voluntaria por agrupación familiar ou de suspensión definitiva, serán excluídos da participación no concurso.

Se un funcionario en situación de excedencia voluntaria por estar prestando servizos como letrado substituto participa no concurso solicitando o reingreso e ao longo do proceso do concurso é adscrito provisionalmente no corpo de xestión, non se considerará que se modifica a súa situación administrativa para os efectos previstos na base primeira, punto 1. Tampouco sería excluído por motivo de cambio de situación administrativa o funcionario adscrito provisionalmente no corpo de xestión procedente da situación de excedencia voluntaria por prestar servizos como letrado substituto se, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, volve ser nomeado como letrado substituto.

2. Os funcionarios dos corpos ou escalas de xestión, tramitación e auxilio só poderán participar, para o mesmo corpo ou escala no que están en activo, se na data de remate do prazo de presentación de instancias transcorreu un período de dous anos desde que se pronunciou a resolución pola que se convocou o concurso de traslados en que o funcionario obtivo o seu último destino definitivo no corpo ou escala desde o que participa, ou a resolución na que se lle adxudicou destino definitivo se se trata de funcionarios de novo ingreso. Para o cómputo dos anos considerarase como primeiro ano o ano natural en que se pronunciaron as resolucións de que se trate, con independencia da súa data, e como segundo ano, o ano natural seguinte (artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

3. Os funcionarios reingresados ao servizo activo mediante adscrición provisional (artigo 68.c) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), obrigados a participar nos concursos de acordo coa normativa vixente, estarán excluídos da limitación temporal prevista no punto 2 desta base. Estarán obrigados a solicitar todas as prazas vacantes e posibles resultas anunciadas correspondentes ao seu corpo ou escala da provincia onde se atopen adscritos. De non participaren no primeiro concurso convocado con posterioridade á adscrición provisional, pasarán á situación de excedencia voluntaria por interese particular. No suposto de que, existindo prazas na provincia de adscrición, non soliciten todos os postos de traballo ou soliciten postos de traballo doutra provincia e non obteñan destino, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio no que estean adscritos adxudicaralles, con carácter definitivo, unha praza no ámbito da provincia na que estean adscritos provisionalmente, e de non a haber, no ámbito da comunidade autónoma.

No caso de non obteren destino definitivo e de que se cubrira o posto de traballo que ocupaban provisionalmente, serán adscritos de novo de forma provisional a un posto de traballo vacante de calquera oficina xudicial ou centro de destino situado na provincia ou na área territorial en que se agruparan as vacantes para efecto de concurso. Se non obtiveren destino definitivo no seguinte concurso, adxudicaráselles de forma definitiva calquera dos postos de traballo que resulten vacantes no dito concurso en calquera ámbito territorial (artigo 69 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro). Deberán achegar, canda a súa instancia, fotocopia do documento F1R polo que foron adscritos provisionalmente á praza na que se atopen desempeñando actualmente as súas funcións.

4. Os funcionarios que se atopen na situación da excedencia voluntaria establecida no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por prestación de servizos no sector público), modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, non terán ningunha restrición temporal para reingresaren no corpo en que figuren na dita situación.

Os funcionarios que se atopen nas situacións de excedencia voluntaria establecidas no artigo 506, letras e) e mais f), da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial (excedencia por interese particular e por agrupación familiar), modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, só poderán participar no concurso se na data de remate do prazo de presentación de solicitudes transcorreron dous anos como mínimo desde que foron declarados en tal situación.

5. Os funcionarios en situación de excedencia para o coidado de familiares ao abeiro do disposto no artigo 509 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, só poderán concursar se transcorreron os dous anos establecidos no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

6. Os suspensos definitivos que se atopen adscritos con carácter provisional (artigo 68.e) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) deberán participar neste concurso co obxecto de obter un posto de traballo definitivo. De non participaren neste concurso ou non obteren o posto de traballo solicitado, destinaranse, se for o caso, con carácter definitivo a calquera dos non adxudicados aos outros concursantes dentro do ámbito territorial correspondente onde se atopen adscritos.

7. Os funcionarios do corpo de xestión procesual e administrativa que se atopen adscritos provisionais por cesaren como letrados substitutos gozarán de dereito preferente para ocuparen, a primeira vez que se anuncien a concurso, postos de traballo xenéricos na localidade onde se atopen adscritos, segundo o establecido no artigo 70.3 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e non perderán a preferencia se unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias volven ser nomeados como letrados substitutos. Se non puideren chegar a ocupar tales postos de traballo por concorreren a eles con outros funcionarios tamén con dereito preferente aos cales lles sexan adxudicados, continuarán en situación de adscrición provisional ata que se lles poida adxudicar posto de traballo definitivo en virtude da súa participación nos sucesivos concursos, e con solicitude neles de todas as prazas vacantes na localidade de adscrición.

De non pediren a preferencia indicada, non participaren no concurso ou non solicitaren todas as prazas vacantes do anexo I da localidade na que se atopen adscritos, aínda cando non fora anunciada a praza na que se achen adscritos provisionais, derivando diso a non obtención de posto de traballo, o órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio no que estean adscritos destinaraos, con carácter definitivo, a calquera dos postos non adxudicados.

Se a dita adscrición provisional se efectuou dentro do prazo de presentación de instancias, non teñen obriga de concursar.

8. O funcionario que renunciara a un posto de traballo obtido por concurso específico (artigo 68.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), e ao cal se lle atribuíu o desempeño provisional dun posto de traballo, gozará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncie a concurso, un posto de traballo xenérico na mesma localidade onde servía cando se produciu o seu cesamento, debendo solicitar todos os postos de traballo que se convoquen na devandita localidade, segundo o establecido no artigo 54 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro. De non participar no presente concurso, adxudicaráselle con carácter definitivo calquera dos postos non adxudicados.

O funcionario que renunciara ou que cesara dun posto de traballo obtido por libre designación (artigos 62 e 68.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro), e ao cal se lle atribuíu o desempeño provisional dun posto de traballo, gozará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncie a concurso, un posto de traballo xenérico na mesma localidade onde servía cando se produciu o seu cesamento, debendo solicitar todos os postos de traballo que se convoquen na devandita localidade. De non participar no presente concurso ou non obter ningún dos destinos solicitados, adxudicaráselle con carácter definitivo calquera dos postos non adxudicados.

9. Regulación do dereito de preferencia á localidade indicado nos puntos 7 e 8 da presente base:

9.1. A preferencia estende os seus efectos a todos os números de orde vacantes dunha localidade determinada, pero isto non implica que se deba adxudicar o primeiro número de orde de preferencia que solicite na súa instancia o interesado, senón que a norma establece que o concursante con este dereito obteña destino en calquera número de orde anunciado como vacante nunha localidade determinada, coas especificacións que se indicarán nos puntos seguintes, polo que para exercer este dereito deberán solicitar obrigatoriamente todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I que se oferten na localidade para a que se exerce a preferencia e agrupar estas peticións nos primeiros números de orde de preferencia da solicitude, ordenando o resto dos números de orde de convocatoria pedidos sen preferencia a continuación, entre os que tamén se poderán solicitar voluntariamente o resto de números de orde de convocatoria a resultas da localidade para a que se exerce a preferencia. Igualmente deberán solicitalo na súa instancia, especificando a localidade do destino onde se atopen adscritos no campo P-1 e achegando fotocopias compulsadas dos documentos acreditativos da dita preferencia (adscrición provisional, acta de posesión).

9.2. Se non obtiver destino coa súa puntuación nalgún dos números de orde de convocatoria solicitados na localidade para a que exerceu a preferencia, e non existiren outros funcionarios tamén con preferencia para a mesma localidade e con maior puntuación, adxudicaráselle aquel número de orde da dita localidade do anexo I que obtivera o concursante con menor puntuación, dirimíndose o caso de empate entre varios concursantes polo número de escalafón, e perdendo este o dereito a obter destino nese número de orde pero podendo optar aos seguintes da súa solicitude de participación.

9.3. Non se terá en conta a preferencia se non cumpre cos seguintes requisitos: solicitar todos os números de orde de convocatoria vacantes do anexo I da localidade de que se trate nos primeiros postos de preferencia da solicitude; facer constar expresamente no campo P-1 do modelo de instancia a localidade para a que desexa acollerse á preferencia; e achegar fotocopias compulsadas dos documentos aludidos no punto 9.1.

10. O funcionario rehabilitado adscrito provisionalmente a que se refire o artigo 68.f) e o punto 2 do artigo 72 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, deberá participar no primeiro concurso de traslados que se convoque, co obxecto de obter un posto de traballo. De non participar neste concurso ou non obter o posto de traballo solicitado será destinado, se for o caso, con carácter definitivo a calquera dos non adxudicados aos outros concursantes en calquera ámbito territorial.

11. O funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado de forma forzosa por mor da reordenación de efectivos prevista no artigo 52 do Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido. Así mesmo, terá dereito preferente, por unha soa vez, para obter outro posto do propio centro de traballo (artigo 51 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro) con ocasión do concurso ordinario en que se ofreza, e tomando parte nel.

Para poder exercer o dito dereito deberase axustar ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de traballo para o que desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, no campo P-2, o centro de traballo e a localidade para os que desexa acollerse á preferencia.

– Achegar fotocopia compulsada do seu nomeamento con carácter forzoso para o centro de traballo e localidade indicados no campo P-2.

No caso de que non siga as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores perderá, para o presente concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 52.c).

12. O funcionario cuxo posto de traballo lle fose adxudicado mediante un proceso de reasignación forzosa previsto no artigo 67 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, poderá participar nos concursos de traslados aínda que non transcorrese o prazo legalmente establecido no artigo 46.1 do mesmo regulamento. Así mesmo, terá dereito preferente para obter un posto de traballo no seu centro de destino de orixe no primeiro concurso de postos xenéricos en que se oferten prazas do dito centro.

Para poder exercer o dito dereito deberá axustarse ás seguintes especificacións:

– Solicitar nos primeiros lugares da orde de preferencia da solicitude aqueles postos de traballo pertencentes ao centro de destino para o que desexa acollerse á citada preferencia.

– Indicar no modelo de instancia marcado como V-3, no campo P-2, o centro de traballo e a localidade para os que desexa acollerse á preferencia.

– Achegar fotocopia compulsada do seu nomeamento por reasignación forzosa para o centro de destino e localidade indicados no campo P-2.

No caso de que non siga as instrucións especificadas nos tres parágrafos anteriores perderá, para o presente concurso, o dereito preferente que lle recoñece o citado artigo 67.

13. Os funcionarios que estean desempeñando un posto singularizado por concurso específico ou por libre designación poderán participar no presente concurso sempre que desempeñasen o citado posto polo menos durante un ano, contado desde a data da súa toma de posesión (artigo 54 ou 62 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro).

14. Ao resultaren irrenunciables os destinos obtidos por instancia do funcionario, no caso de o reingresado ao servizo obter destino mediante concurso de traslado, quedará automaticamente en excedencia no corpo en que se atopaba en activo. Non obstante, aqueles funcionarios que obtiveran un posto de traballo por concurso específico poderán renunciar a este se antes do remate do prazo de toma de posesión obteñen un destino definitivo no presente concurso, quedando obrigado o interesado a comunicarllo ao órgano convocante. De incumprir este deber de comunicación, deberá o funcionario tomar posesión no primeiro dos destinos adxudicados, segundo o establecido no artigo 53 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Se o concurso específico se resolve con anterioridade á resolución definitiva do concurso ordinario, prevéndose tamén o transcurso do prazo posesorio daquel, o funcionario afectado deberá tomar posesión do destino obtido no concurso específico, sen ter xa opción para o concurso ordinario. Se o concurso específico se resolve con posterioridade ao concurso ordinario, unha vez transcorrido o prazo posesorio deste, perderá a opción para o concurso específico.

Terceira. Baremos

A valoración de méritos para a adxudicación dos postos de traballo farase de acordo co baremo establecido para valorar a antigüidade (artigo 48.1.a) do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro) e o coñecemento da lingua oficial propia das comunidades autónomas, segundo o establecido no apartado b) deste artigo.

1. Antigüidade. Polos servizos efectivos prestados como funcionario de carreira no corpo ou escala para o que participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos, computándose proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días, e valorarase ata un máximo de 60 puntos.

2. Coñecemento oral e escrito da lingua oficial propia da comunidade autónoma.- Nas prazas situadas na Comunidade Autónoma de Galicia o coñecemento oral e escrito da lingua galega debidamente acreditado por medio de certificación oficial da comunidade autónoma, ou homologación do título achegado e do nivel a que corresponda o título, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata doce puntos segundo o nivel de coñecementos acreditado, nos termos seguintes:

1º. Certificado Celga 4 ou similar: catro puntos.

2º. Curso medio de linguaxe xurídica galega: oito puntos.

3º. Curso superior de linguaxe xurídica galega: doce puntos.

Os documentos que se acheguen acreditativos destes coñecementos do idioma deberán ser fotocopias compulsadas, e non se valorarán os que non cumpran este requisito.

Os méritos valoraranse á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Estes certificados non serán acumulativos, polo que en caso de que o concursante posúa títulos de varios niveis, só se valorará o superior.

Cuarta. Modelos e prazos de presentación de solicitudes

O modelo da solicitude de inscrición é o anexo II que aparece publicado nesta resolución, o cal non ten validez para a súa presentación salvo como dato informativo dos apartados que contén, xa que se confeccionará e presentará exclusivamente polos medios indicados no punto 7 da presente base.

1. Anexo II. Recadro V-1. Os funcionarios destinados definitivamente en postos de traballo dos corpos e escalas de xestión, tramitación e auxilio correspondentes a Galicia, así como os que se atopen en situación de servizos especiais e excedentes por coidado de familiares que teñan reservado o seu posto de traballo en Galicia, presentarán a súa solicitude, sinalando o recadro V-1 do anexo II e cubrindo todos os apartados que se lles exixan, no prazo comprendido entre o 19 de xullo e o 9 de agosto de 2019, ambos inclusive, segundo o mecanismo indicado no punto 7 da presente base.

2. Anexo II. Recadro V-2. Os funcionarios destinados en postos de traballo doutros corpos e escalas da Administración de xustiza ou doutras administracións que se atopen na excedencia do artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, nos corpos e escalas de xestión, tramitación ou auxilio, que desexen solicitar prazas ofertadas no presente concurso presentarán a súa solicitude, sinalando o recadro V-2 do anexo II e cubrindo todos os apartados que se lles exixan no prazo comprendido entre o 19 de xullo e o 9 de agosto de 2019 , ambos inclusive, segundo o mecanismo indicado no punto 7 da presente base, segundo o mecanismo indicado no punto 7 da presente base.

3. Anexo II. Recadro V-3. Os solicitantes que se atopen en calquera das seguintes situacións:

– Os excedentes voluntarios por agrupación familiar ou por interese particular.

– Os adscritos provisionais por reingresaren desde a situación de suspensión definitiva.

– Os adscritos provisionais por reingresaren ao seren rehabilitados.

– Os participantes con adscrición provisional por reingresaren ao servizo activo que non teñan reserva de posto de traballo.

– Os adscritos provisionais por cesamento ou renuncia dun posto obtido por libre designación ou por renunciaren a un posto obtido por concurso específico.

– Os adscritos provisionais por reingresaren ao cesar como letrados substitutos.

– Os incursos na reordenación de efectivos do artigo 52.c) do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, ou na reasignación forzosa do artigo 67 do Real decreto 1451/2012, do 7 de decembro.

Todos eles presentarán a súa solicitude, sinalando o recadro V-3 do anexo II e cubrindo todos os apartados que se lles exixan, no prazo comprendido entre o 19 de xullo e o 9 de agosto de 2019, ambos inclusive, segundo o mecanismo indicado no punto 7 da presente base, segundo o mecanismo indicado no punto 7 da presente base.

4. Os excedentes voluntarios por interese particular xuntarán á súa solicitude unha declaración de que non foron separados de ningunha das administracións públicas.

Os excedentes voluntarios por prestación de servizos no sector público segundo o artigo 506.d) da Lei orgánica do poder xudicial deberán xuntar á súa solicitude de participación no concurso unha declaración de non se atoparen en situación de suspensión firme de funcións.

5. A solicitude para tomar parte neste concurso será única para cada funcionario participante, aínda que se soliciten prazas radicadas no territorio das comunidades autónomas con competencias transferidas que, polo tanto, figuren nas convocatorias que simultaneamente a esta realicen os gobernos autónomos e se publiquen, así mesmo, nos boletíns oficiais das comunidades autónomas respectivas.

Do mesmo xeito, mediante unha única instancia deberá optar por participar desde o corpo en que o funcionario se atope en activo ou reingresar ao servizo activo noutro corpo do que forme parte como excedente. No caso de presentar dúas instancias solicitando destinos en dous corpos/escalas distintos, serán anuladas as dúas solicitudes, quedando, polo tanto, o funcionario excluído da participación no concurso.

6. Se alguén desexa rectificar unha instancia xa presentada, poderá cubrir e presentar unha nova solicitude, para o mesmo corpo/escala en que participaba, antes do remate do prazo de presentación de instancias, a cal anulará automaticamente a presentada con anterioridade.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, poderá renunciar á participación no concurso antes da finalización do prazo de alegacións á resolución provisional, segundo o indicado na base primeira, punto 7.

7. Mecanismo de confección e presentación das solicitudes.

A) Confección das solicitudes.

Todas as solicitudes confeccionaranse de forma telemática a través do asistente de inscrición.

Todos os funcionarios que participen no presente concurso de traslados entre funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio polo ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando no portal do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo: www.mjusticia.gob.es (Cidadáns → Emprego público → Concursos de traslados → Concurso de traslados ordinario xestión, tramitacion e auxilio 2019).

Unha vez que entren na devandita páxina premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», e o sistema guiaraos na confección da solicitude seguindo as instrucións que se lles irá indicando. Tamén poden consultar o Manual do asistente de inscrición web publicado no dito portal, e se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono de atención ao usuario 913 90 46 05.

Con isto conseguirase o obxectivo de evitar erros na transcrición dos códigos, posto que os datos gravados polo concursante quedarán automaticamente almacenados no sistema informático.

Os concursantes deberán presentar o modelo de instancia no impreso definitivo xerado polo asistente de inscrición telemático, e non o borrador suxeito a cambios, xa que este non tería validez.

A presentación da instancia realizarase conforme o apartado B do presente punto.

Se dentro do prazo de presentación de solicitudes algún dos solicitantes quere modificar unha solicitude xa confirmada, poderá volver xerar e confirmar unha nova solicitude a través do asistente, que deberá presentar consonte o aludido apartado B do presente punto.

Serán rexeitadas aquelas solicitudes que non se confeccionaran telematicamente co dito asistente de inscrición.

B) Presentación das solicitudes.

O presente sistema de presentación baséase nos artigos 10.1, 10.2.c) e 36.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Ademais, cotexarase que os datos da instancia escaneada cadren cos datos gravados telematicamente por medio do asistente de inscrición, de xeito que coincidan ambos. Se non se presenta a instancia, e inda que se gravaran as peticións no asistente correctamente, considerarase que non se desexa participar no concurso.

B.1) Con relación a todos os concursantes de ámbito nacional con modelo de instancia V1, V2 OU V3 (bardante dos que presenten o modelo de instancia V1 en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais, ou o modelo de instancia V3 en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar, ou que non poidan usar o seu correo electrónico corporativo persoal por circunstancias xustificadas), presentarán as solicitudes de acordo coas instrucións que a seguir se indican.

Este apartado é relativo aos concursantes que confeccionaran a instancia cos modelos V1, V2 ou V3, coas excepcións indicadas, os cales, unha vez confeccionado o impreso definitivo xerado polo asistente de inscrición, deberán imprimilo e asinalo manualmente.

Unha vez asinada, xuntarán á dita instancia a documentación que sexa necesaria segundo as bases da convocatoria.

A instancia e a documentación, se for o caso, serán escaneadas polo funcionario concursante nun único ficheiro (todas as páxinas nun só ficheiro, non un ficheiro por páxina), que titularán coa denominación correspondente aos seus apelidos, nome, NIF e modelo de instancia (V1, V2 ou V3), en letras maiúsculas (exemplo: AP1_AP2_NOME_NIF_MODELO DE INSTANCIA).

Enviarán o dito ficheiro unicamente a través do seu correo electrónico corporativo persoal, coa estrutura nome.apelidos@xustiza.gal, do órgano xudicial en que estean destinados (non a través do seu correo electrónico privado) ao seguinte enderezo: concursos.admonjusticia@mjusticia.es.

No encabezamento da páxina de envío do correo electrónico, no campo «Asunto» deberán especificar «Solicitude concurso 2019».

No texto da mensaxe deberán facer constar a seguinte información, na orde en que se indica:

APELIDOS:

NOME:

NIF:

MODELO DE INSTANCIA:

CORPO PARA O QUE PARTICIPA:

CONCURSO: ORDINARIO XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO 2019.

Na epígrafe Modelo de instancia indicarán V1, V2 ou V3.

Na epígrafe Corpo para o que participa indicarán xestión, tramitación ou auxilio.

Tomarase como a data e hora de entrada a marcada no encabezamento da mensaxe recibida, e no caso de se enviaren sucesivas instancias considerarase válida a solicitude que teña, dentro do prazo, a data de entrada posterior, quedando anulada/s, xa que logo, a/s solicitude/s que teña/n a data de entrada anterior.

B.2) Concursantes de ámbito nacional que presenten o modelo de instancia V1 en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais, ou o modelo de instancia V3 en situación de excedencia voluntaria por interese particular e excedencia voluntaria por agrupación familiar, ou que por circunstancias xustificadas non poidan facer uso do correo electrónico corporativo persoal do órgano xudicial no que estean destinados.

O presente apartado refírese aos seguintes funcionarios concursantes:

I. Os solicitantes do modelo V1 que se atopen en calquera das seguintes situacións:

– Excedencia por coidado de familiares.

– Servizos especiais.

II. Os solicitantes do modelo V3 que se atopen en calquera das seguintes situacións:

– Excedencia voluntaria por agrupación familiar ou por interese particular.

– Excedencia voluntaria por interese particular.

III. Os solicitantes que confeccionen modelos V1, V2 ou V3 e que non poidan presentar a instancia a través do correo electrónico corporativo persoal, de acordo co presente apartado B, por circunstancias xustificadas (vacacións, permisos, licenzas ou imposibilidade do seu uso por motivos alleos ao interesado).

Con relación a estes concursantes, unha vez confeccionado o impreso definitivo xerado polo asistente de inscrición, deberán imprimilo e asinalo manualmente.

Unha vez asinada, xuntarán á dita instancia a documentación que sexa necesaria segundo as bases da convocatoria.

Presentarán a solicitude no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza (rúa da Bolsa, 8, 28012 Madrid), dirixida ao seguinte enderezo:

Ministerio de Justicia - Subdirección General de Medios Personales al Servicio de la Administración de Justicia - Sección Concursos - C/ San Bernardo, 21, 28015 Madrid.

Estas solicitudes poderán remitirse tamén consonte o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para efectos informativos, indícase que na web do Ministerio de Xustiza (www.administracion.gob.es) existe, actualizada, unha relación de oficinas de rexistro da Administración xeral do Estado, que poden consultar para efectos da presentación da instancia de participación no concurso.

As que se presenten nas oficinas de Correos enviaranse en calquera das dúas modalidades seguintes:

a) Por correo ordinario, en cuxo caso deberá ter entrada no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, ou nas xerencias territoriais ou departamentos de Xustiza das comunidades autónomas coas correspondentes competencias transferidas, antes da data de remate do prazo de presentación de instancias.

b) Por correo certificado, en cuxo suposto se presentarán nas oficinas de Correos en sobre aberto para seren datadas e seladas polo funcionario de Correos antes de seren remitidas. Os participantes no concurso deberán enviar a instancia que teña o selo da oficina de Correos, sen que se poida admitir, unha vez pasado o prazo de presentación de instancias, aquela que non cumpra este requisito, aínda que posteriormente se puider acreditar tal aspecto.

C) Renuncias.

Segundo o establecido na base primeira, punto 7, da presente convocatoria, aqueles concursantes que desexen renunciar á participación no concurso comunicarán esta circunstancia dentro do período establecido na dita base: a) se se encontran nos casos do apartado B.1 anterior, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, indicando Renuncia no campo «Asunto» e no texto da mensaxe os mesmos datos ca os indicados no dito apartado B.1, e remitindo o modelo que se axunta na presente resolución como anexo IV no cal se expoñan os motivos. Para o seu envío actuarán do mesmo xeito e usarase o mesmo formato ca os expostos no apartado B.1 –é dicir, impresión e sinatura, e escaneamento do anexo IV e da documentación, se for o caso, nun único ficheiro que terá por título os seus apelidos, nome, NIF e modelo de instancia– e enviarase ao correo electrónico indicado anteriormente, anexando o referido ficheiro; b) se se encontran nos casos do apartado B.2, actuarase para o seu envío en consonancia co indicado no mesmo, ou mediante fax dirixido, á atención de «Concursos-Despacho 220», aos números 913 90 23 94/913 90 43 04/913 90 42 50/913 90 20 76.

Quinta. Peticións condicionadas

No caso de estaren interesados nas vacantes que se anuncian para un mesmo municipio, partido xudicial ou provincia dous funcionarios do mesmo ou distinto corpo, poderán condicionar a súa petición ao feito de que ambos os dous obteñan destino no mesmo municipio, partido xudicial ou provincia, entendéndose en caso contrario desistidas as peticións condicionadas efectuadas por ambos. Os funcionarios que se acollan a esta petición condicionada deberán concretalo na súa instancia no campo C especificando o nome, apelidos e NIF da persoa con quen condicionan, e xuntando fotocopia da solicitude do outro funcionario. Se algún dos concursantes non o indica no campo C, quedarán anuladas ambas as dúas instancias.

Polo feito de cubrir o campo C da instancia enténdese que se acollen á petición condicionada prevista no artigo 48.2 do Regulamento de ingreso e provisión de postos de traballo en todos os números de orde solicitados.

Sexta. Tramitación

O Ministerio de Xustiza efectuará a baremación en función das bases de datos de antigüidade e idioma que se atopan nas súas dependencias e dos datos que figuren nas solicitudes, podendo solicitar información complementaria ás comunidades autónomas con competencias transferidas, se for necesario.

Sétima. Adxudicacións

1. A orde de prioridade para a adxudicación dos postos de traballo virá dada pola puntuación total obtida segundo os baremos establecidos na base terceira desta convocatoria.

2. En caso de empate na puntuación total, incluído o idioma, acudirase para dirimilo á maior antigüidade no corpo de que se trate, e de persistir o empate, ao número de orde obtido no proceso selectivo de acceso ao dito corpo.

Oitava. Resolución provisional

1. A presente convocatoria será resolta provisionalmente de forma coordinada entre o Ministerio de Xustiza e os órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas, de xeito que a resolución provisional se publique simultaneamente no Boletín Oficial del Estado, no portal do Ministerio de Xustiza e na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, así como na intranet da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia.

2. A resolución provisional porá á disposición dos interesados na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es) e mais na web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia os anexos III de todos os participantes, así como a relación de excluídos, coas causas de exclusión, e mais a relación en orde alfabética das adxudicacións.

O anexo III é a solicitude do concursante, con expresión dos seus datos persoais, da súa situación administrativa, do número de orde e da denominación dos destinos gravados no asistente de inscrición, coa preferencia desexada polo interesado, constando tamén, coa información relativa ao baremo dos méritos, o destino provisionalmente adxudicado, se for o caso, e mais os números de orde rexeitados e a súa causa.

3. Contra a resolución provisional, o anexo III e a relación de excluídos caberá formular alegacións desde a data que nela se indique e durante o prazo que igualmente se estableza, para o que deberá achegar no dito prazo a proba documental oportuna de acordo co establecido no artigo 73 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas: a) se se atopa nos casos do apartado B.1 anterior, a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, indicando Alegacións no campo «Asunto» e no texto da mensaxe os mesmos datos ca os indicados no dito apartado B.1, e remitindo o modelo que se xunta na presente resolución como anexo IV no cal se expoñan os motivos. Para o seu envío actuará do mesmo xeito e usarase o mesmo formato ca os expostos no apartado B.1 –é dicir, impresión e sinatura, e escaneamento do anexo IV e da documentación, se for o caso, nun único ficheiro que terá por título os seus apelidos, nome, NIF e modelo de instancia– e enviarase ao correo electrónico indicado anteriormente, anexando o referido ficheiro; b) se se encontra nos casos do apartado B.2, actuarase para o seu envío en consonancia co indicado no mesmo, ou mediante fax dirixido, á atención de «Concursos-Despacho 220», aos números 913 90 23 94/913 90 43 04/913 90 42 50/913 90 20 76.

De non se reclamar no prazo establecido entenderase que amosa a súa conformidade e mais a aceptación dos datos contidos, da súa baremación e do destino provisionalmente adxudicado.

As ditas alegacións serán comprobadas, resolverase o que proceda en dereito e o resultado será reflectido na resolución definitiva do concurso, polo que non será notificado persoalmente aos interesados.

Ao se tratar dun concurso a resultas, os destinos provisionalmente adxudicados poden sufrir modificacións na resolución definitiva como consecuencia das correccións que se puidesen producir na xestión das instancias. En calquera caso, os destinos asignados provisionalmente non supoñen expectativa de dereito respecto da resolución definitiva do concurso.

Novena. Resolución definitiva e prazo posesorio

1. Unha vez resoltas as alegacións, a presente convocatoria será resolta definitivamente de forma coordinada entre o Ministerio de Xustiza e os órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.

2. As resolucións do concurso poderanse xebrar por corpos, a fin de que os cesamentos dos funcionarios concursantes poidan ser graduais no tempo, se a Administración considera que a súa acumulación nunha mesma data pode ser prexudicial para o servizo público.

3. Se non se logra a simultaneidade de publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, os prazos computaranse desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

4. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade do funcionario, de oito días hábiles se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e de vinte días hábiles se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma de Illes Balears, Cidade de Ceuta e Cidade de Melilla, casos estes en que será dun mes tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.

O devandito prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día hábil seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar nas datas que se indiquen na resolución definitiva do concurso.

5. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen as vacacións, permisos ou licenzas de que estean a gozar os funcionarios, agás que por circunstancias excepcionais debidamente motivadas se suspenda ou revogue o seu gozo.

Décima. Carácter dos destinos adxudicados

1. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios para os efectos previstos no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

2. Os destinos adxudicados na resolución definitiva serán irrenunciables.

Décimo primeira. Limitación para concursar

Aqueles funcionarios que obteñan destino definitivo no presente concurso non poderán participar noutro concurso de traslados para o mesmo corpo ou escala ata que non transcorran os prazos establecidos no artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, modificado polo artigo único.124 da Lei orgánica 19/2003, do 23 de decembro, e no artigo 46.1 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro.

Décimo segunda. Recursos

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os dous prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Corpo: xestión P.A.

Comunidades transferidas

Nº orde

Denominación

ATP

Localidade

Provincia

Vacantes

Resultas

Idioma

Galicia

3895

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

Arzúa

A Coruña

1

X

S

3904

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM)

Xestión P.A.

Betanzos

A Coruña

1

X

S

3916

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Corcubión

A Coruña

1

X

S

1556

Xulgado de Primeira Instancia número 3 (Familia)

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

12503

Xulgado de Primeira Instancia número 12

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5527

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

5531

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

960

Rexistro Civil número 1

Xestión P.A.

Coruña, A

A Coruña

1

X

S

8019

Xulgado de Paz de Culleredo

Xestión P.A. Secretaría

Culleredo

A Coruña

1

 

S

10102

Xulgado do Penal número 2

Xestión P.A.

Ferrol

A Coruña

1

X

S

3919

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

Muros

A Coruña

1

X

S

3928

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Noia

A Coruña

1

X

S

3940

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Ribeira

A Coruña

1

X

S

1036

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

11519

Servizo de Apoio

Xestión P.A.

Santiago de Compostela

A Coruña

1

X

S

10517

Xulgado de Paz de Guitiriz

Xestión P.A. Secretaría

Guitiriz

Lugo

1

 

S

551

Audiencia Provincial. Sección número 1 Civil (Mercantil)

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

11904

Xulgado de Instrución número 1

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

11910

Xulgado de Instrución número 3 (VSM)

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

5573

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

12554

Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

12341

Fiscalía Provincial

Xestión P.A. (GA)

Lugo

Lugo

1

 

S

9946

Servizo Común de Apoio

Xestión P.A.

Lugo

Lugo

1

X

S

4255

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Xestión P.A.

Mondoñedo

Lugo

1

X

S

10519

Xulgado de Paz de Monterroso

Xestión P.A. Secretaría

Monterroso

Lugo

1

 

S

4645

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM/Rex. Civil)

Xestión P.A.

Barco de Valdeorras, O

Ourense

1

X

S

653

Audiencia Provincial. Sección número 2 Penal (Mercantil)

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

6329

Xulgado do Penal número 1

Xestión P.A.

Ourense

Ourense

1

X

S

4660

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1

Xestión P.A.

Pobra de Trives, A

Ourense

1

X

S

8409

Xulgado de Paz de Baiona

Xestión P.A. Secretaría

Baiona

Pontevedra

1

 

S

11957

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4

Xestión P.A.

Cambados

Pontevedra

1

X

S

11280

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3

Xestión P.A.

Cangas

Pontevedra

1

X

S

8411

Xulgado de Paz da Cañiza

Xestión P.A. Secretaría

Cañiza, A

Pontevedra

1

 

S

10667

Xulgado de Paz de Forcarei

Xestión P.A. Secretaría

Forcarei

Pontevedra

1

 

S

10669

Xulgado de Paz de Gondomar

Xestión P.A. Secretaría

Gondomar

Pontevedra

1

 

S

10680

Xulgado de Paz de Mos

Xestión P.A. Secretaría

Mos

Pontevedra

1

 

S

4836

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Ponteareas

Pontevedra

1

X

S

10886

Xulgado de Primeira Instancia número 3

Xestión P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

4786

Servizo Común de Notificacións e Embargos

Xestión P.A.

Pontevedra

Pontevedra

1

X

S

4827

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2

Xestión P.A.

Porriño, O

Pontevedra

1

X

S

4830

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 (VSM)

Xestión P.A.

Porriño, O

Pontevedra

2

 

S

8430

Xulgado de Paz de Tomiño

Xestión P.A. Secretaría

Tomiño

Pontevedra

1

 

S

4845

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 (VSM)

Xestión P.A.

Tui

Pontevedra

1

X

S

4848

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 (Rex. Civil)

Xestión P.A.

Tui

Pontevedra

1

X

S

2008

Xulgado de Primeira Instancia número 2

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

2035

Xulgado de Primeira Instancia número 12 (Familia)

Xestión P.A.

Vigo

Pontevedra

1

X

S

8432

Xulgado de Paz de Vilanova de Arousa

Xestión P.A. Secretaría

Vilanova de Arousa

Pontevedra

1

 

S

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file