Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Xoves, 18 de xullo de 2019 Páx. 33606

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2019, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a integración de dúas asociacións de pacientes no Consello Asesor de Pacientes da Área de Santiago de Compostela.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018, por la que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase que pasan a integrarse no consello as seguintes asociacións:

Agaela

Asociación Galega de Escleroses Lateral Amiotrófica

Agafi

Asociación Galega de Fibromialxia

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2019

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela