Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Martes, 16 de xullo de 2019 Páx. 33367

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (388/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 388/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Torres Grela, se ditou a seguinte resolución:

Vistos por Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo 388/2018 seguidos por instancia de José Manuel Torres Grela, asistido pola letrada Sra. Prieto Currás, contra o Servizo Público de Emprego Estatal (SPEE, en diante), asistido e representado pola letrada do SPEE Sra. García Castro, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS, en diante), Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., que non comparecen malia a súa citación en legal forma, con base nos seguintes

Resolución

Estímase substancialmente a demanda interposta por José Ramón Torres Grela e, en consecuencia, declárase o dereito do demandante a percibir o subsidio de desemprego sobre unha base reguladora diaria de 43,91 euros, con condena do SPEE a se ater a tal declaración e ao aboamento, sen prexuízo do seu dereito de subrogación fronte á empresa, con absolución do resto de codemandados.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza