Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 32994

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 15/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 15/2017 por instancia de Alberto José Bermejo García contra Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, Fundefo e Fogasa sobre procedemento ordinario, en que recaeu sentenza do 18 xuño de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda formulada por Alberto José Bermejo García fronte á empresa Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, con intervención del Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación a aboar a Alberto José Bermejo García a cantidade de catro mil novecentos dous euros con cincuenta e sete céntimos de euro (4.902,57 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á Fundación para el Desarrollo de la Empleabilidad y la Formación, Fundefo, expido e asino a presente notificación.

A Coruña, 25 de xuño de 2019

A letrada da Administración de xustiza