Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro Caldelas (expediente IN407A 2019/10-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG, na Coruña, en xaneiro de 2019, con visado número 20190437 do 26 de febreiro de 2019 do sinalado colexio profesional:

Solicitante: Eléctricas de Castro Caldelas, S.L.

Enderezo: rúa Galera, número 1, 1º andar, 15003 A Coruña.

Denominación: punto fronteira O Val, con LMT de acometida, CS e LMTS de conexión con rede propia.

Situación: O Val, concello de Castro Caldelas.

Orzamento: 73.886,73 € (orzamento de execución material).

Características técnicas:

• LMT aérea a 20 kV de acometida a CS proxectado, de 29 m de lonxitude en condutor tipo LA56, con orixe no apoio existente de GNF, nº BXCQ8C7E/68-60; X: 629319 Y: 4695691 e final en apoio proxectado nº 1 de celosía C-500-12, de transición aéreo a subterráneo.

• LMT subterránea de 16 m de lonxitude (baixo tubo), en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm²) Al, con orixe no apoio proxectado nº 1, antes citado (con PAS) e final na cela de liña do novo CS proxectado.

• LMTS de conexión a 20 kV con rede existente, de 98 m de lonxitude subterránea e condutor tipo RHZ1-2OL 3×(1×240) mm² Al con orixe no CS proxectado (punto fronteira O Val) e final no apoio existente 35-36 celosía C-2000-14 da LMT derivación Paradela (expediente 1999/48).

• CS (punto fronteira O Val-Castro Caldelas) prefabricado, con dúas celas de liña, unha de interruptor automático con seccionador (motor-telecontrol), unha de medida e cela de protección de servizos auxiliares, cos cadros correspondentes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, coa simplificación dos procedementos que lle son, de ser o caso, de aplicación, tal e como se regula nos artigos 37 e 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e na Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, do 19 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de marzo), esta xefatura territorial, á vista do informe do Servizo de Enerxía e Minas emitido ao respecto, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 5 de xuño de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense