Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33019

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 21 de xuño de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os expedientes sancionadores por infracción do Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (expediente PO 16/2017-IC e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e que a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que constan no anexo, polo presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na Praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento integro do acto notificado e a súa constancia. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 21 de xuño de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

Expediente

Acto

Municipio

Insta Rial Galicia, S.L.

PO 16/2017- IC

Resolución

Vigo

C.P. Juan Bautista Andrade, 62

PO 17/2017- RAE

Resolución

Vigo

C.P. Pardillo, 1

PO 20/2017- RAE

Resolución

Vigo

C.P. Edificio A Ría, 42

PO 21/2017- RAE

Resolución

Poio

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 23/2017- RAE

Resolución

Vigo

C.P. Camiño da Pousa, 3

PO 24/2017- RAE

Resolución

Vigo

Horvicasas 2002, S.L.

PO 26/2017- RAE

Resolución

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 28/2017- RAE

Resolución

Vigo

C.P. Isabel II, 3

PO 29/2017- RAE

Resolución

Vigo