Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2019 Páx. 33189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de xullo de 2019 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, punto quilométrico 0+420 (Ponte Caldelas)-2+580 (Laxoso), de clave PO/16/139.10.

Con data do 8 de febreiro de 2018, a dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da Conselleira de Infraestruturas e Vivenda (Orde do 4 de febreiro de 2013, Diario Oficial de Galicia do 20 de febreiro), visto o informe da análise das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 17 de xullo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia (num. 135) o Anuncio do 22 de xuño de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, p.q. 0+420 (Ponte Caldelas)-2+580 (Laxoso), de clave PO/16/139.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. Durante todo o trámite de información pública presentáronse alegacións e certificados, procedéndose á súa valoración.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

De acordo con todo o exposto, e tras as alegacións e certificados presentados polos organismos oficiais competentes,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción da adaptación ao Plan de baixa IMD mellorada da PO-234, p.q. 0+420 (Ponte Caldelas)-2+580 (Laxoso), de clave PO/16/139.10, mantendo o trazado proposto como definitivo.

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Ponte Caldelas deberá adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, en que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas