En virtude do establecido no artigo 12 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xullo de dous mil dezanove,
DISPOÑO:
Que cese José Juan Durán Hermida como presidente da entidade pública empresarial Portos de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dezanove
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar