Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32799

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 75/2019, do 11 de xullo, polo que se dispón que cese Ignacio López-Chaves Castro como delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e nos artigos 28 e 31 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de xullo de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Ignacio López-Chaves Castro como delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, once de xullo de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza