Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Venres, 12 de xullo de 2019 Páx. 32842

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 8 de xullo de 2019 pola que se amplía o crédito orzamentario da Orde do 13 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2019.

A Orde do 13 de decembro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia número 3, do 4 de xaneiro de 2019, establece as bases reguladoras e convoca a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, para o ano 2019 (código de procedemento MR553C).

O artigo 26.1 desta orde establece que as indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais se financiarán coa contía de 750.000 € (setecentos cincuenta mil euros), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

O artigo 26.3 prevé que a Consellería do Medio Rural, excepcionalmente, terá a posibilidade de ampliar o crédito fixado na convocatoria cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, e ao abeiro do artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Co obxecto de poder tramitar as solicitudes de indemnizacións presentadas que cumpren cos requisitos, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, procede ampliar o crédito orzamentario inicial para continuar coa concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais.

En consecuencia, por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me foron conferidas,

ACORDO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 13 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades, e se convocan para o ano 2019.

2. O incremento da contía corresponde á xeración e á incorporación de crédito polo importe de catrocentos trinta mil catrocentos noventa e catro euros con vinte céntimos (430.494,20 €).

Polo tanto, unha vez efectuado este incremento, o importe total na aplicación orzamentaria 14.04.713E.770.0 (proxecto 2012 00748) para o ano 2019 ascende a un millón cento oitenta mil catrocentos noventa e catro euros con vinte céntimos (1.180.494,20 €).

3. En todo caso, a concesión das indemnizacións reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades do crédito orzamentario.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural